IES Isidro Parga Pondal

Instituto de ensinanza secundaria, bacharelato, ciclos formativos e adultos

Debido ao cambio de recreo de 4º ESO desde a vosa biblioteca Rebolo temos que facer cambios nos nosos horarios. Aínda son provisionais e esperamos ter os definitivos a finais desta semana. Desculpade as molestias

horario provisional da biblioteca

ACTUALIZADO: Unha vez publicada no taboleiro do centro a listaxe provisional do alumnado beneficiario do reparto de máscaras segundo a ORDE do 6 de novembro de 2020 pola que se regulan os criterios e o procedemento de distribución de máscaras entre o alumnado matriculado en educación primaria, educación secundaria obrigatoria e educación especial en centros docentes públicos dependentes desta consellería e en centros privados concertados no curso 2020/21 (código de procedemento ED330E), procederase ao reparto das mesmas.

Este luns día 14 comezou o reparto de máscaras reutilizables (25 lavados cada unha), para o uso das mesmas ata final de curso. Ese reparto finalizará nos vindeiros días coa entrega das mesmas a todo o alumnado beneficiario.

As datas para os exames de pendentes das materias do Departamento de CC.SS. Xeografía e Historia son as seguintes:

  • Primeiro cuadrimestre exame o venres día 15 de xaneiro, de 17.00 horas ás 18.00 horas.
  • Segundo cuadrimestre exame o venres día 16 de abril, de 17.00 horas ás 18.00 horas.
  • Exame final o venres día 14 de maio, de 17.00 horas ás 18.00 horas.

 

Se dunha cousa podemos estar orgullosos no noso centro é dos proxectos tan chulos e elaborados que de cando en vez van sacando os diferentes departamentos e que nos permiten levar o nome do Isidro Parga Pondal por toda a xeografía galega.

Con motivo da festa de Samaín (que non Halloween), o departamento de música en colaboración con varios departamentos do centro e con alumnado de diferentes etapas educativas, realizou unha montaxe musical para celebrar a devandita festa, debido a que este ano, por culpa da pandemia, era imposible realizar unha actuación musical como viñan facendo outros anos. Pero o resultado final, foi, sen ningunha dúbida un gran éxito.

E precisamente, debido ao estupendo traballo que realiza este departamento co alumnado, La Voz de Galicia, no seu programa de PRENSA-ESCOLA dedicoulles un artigo do que vos queremos facer partícipe… porque toda publicidade é sempre ben recibida, pero máis se cabe cando hai un gran e duro traballo detrás que moitas veces non se ve recoñecido e/ou recompensado.

Así que, grazas a todos os que axudades para conseguir que estes pequenos proxectos saian adiante e conseguir que o alumnado non se limite a quedar sentado na cadeira, senón que participe, goce e en definitiva, énchanse de vivencias e recordos que non esquecerán facilmente.

Podedes consultar o ártigo pinchando na seguinte ligazón: ler artigo

O departamento de Música, en colaboración coa Biblioteca, o departamento de Galego, Informática e Lingua Castelá, queremos ofrecervos una pequena homenaxe que fixemos o Samaín, unha das tradicións propias da nosa terra.

Para elo, o alumnado de música de 1º e 2º de Bacharelato, 4º ESO C e D, e 3º ESO B prepararon una velada musical moi especial. Puxeron moita ilusión, esforzo e traballo.

E por suposto, queremos agradecer á dirección do centro, a todo o profesorado e ao persoal non docente por facilitarnos a realización deste proxecto.

Esperamos que o gocedes.

Feliz Samaín!!!

Este pasado 20 de outubro poidemos disfrutar dunha charla sobre salvamento e socorrismo organizada polo departamento de orientación e impartida por Manuel García Varela e Manuel Campos Andrade.

O alumnado usuario do transporte escolar debeseguir unhas pautas ao usar o servizo:

  • Na entrada dianteira do bus hai xel hidroalcohólico de uso obrigatorio
  • Uso obrigatorio de mascarilla
  • A entrada será pola porta dianteira cara atrás, ocupando os asentos de atrás adiante
  • Na saída primeiro sairán os de diante e irase baixando primeiro os asentos dianteiros e só pola porta de diante
  • Evitar apelotamentos e manter a distancia de seguridade na entrada e na saída
  • Ocupar, se é posible, sempre o mesmo asento