IES Isidro Parga Pondal

Instituto de ensinanza secundaria, bacharelato, ciclos formativos e adultos

Este fin de semana celebráronse en Santiago de Compostela as IX Xornadas de Bibliotecas Escolares de Galicia que convocan a todos os centros que teñen en marcha proxectos de Bibliotecas escolares. Nós participamos porque levamos moito tempo formando parte do Plambe, plan que pretende dotar e asistir as bibliotecas escolares nas súas funcións, necesidades e potencialidades. Ademais este curso participamos tamén no proxecto piloto de lectura dixital ELBE2 e estamos arrancando ca Radio na Biblioteca, que pretende utilizar a radio feita no centro como elemento de dinamización e mellora curricular. Estamos moi entusiasmados con estes  recursos e por iso as xornadas de Santiago resultáronnos moi interesantes. Uns 1000 mestres e mestras de toda Galicia achegaron as súas ideas e suxestións. Ademais, presentaranse un total de 26 experienciasde centro de moi diverso contido (funcionamento da biblioteca escolar, "hora de ler", voluntariado, biblioteca inclusiva, espazo creativo, proxecto lector, Radio na biblio, clubs de lectura, traballo por proxectos e outros).

As charlas sobre poéticas diversas estiveron presentes da man de Mar Benegas, Montse Pena e Carlos Negro. As xornadas remataron cunha charla inesquecible da xornalista Rosa María Cafaf sobre a necesidade de contrastar a información dos medios nunha época pouco transparente e saturada infrmativamente.

 

Un curso máis o noso instituto participou na Olimpíada Filosófica de Galicia. Trátase dunha iniciativa que propón o fomento e a defensa da filosofía nestes tempos en que tan  minguada se está vendo. Ademais fomenta o uso do pensamento crítico dentro do noso sistema educativo traballando a competencia dixital, a  capacidade de aprender analizando textos, producindo contidos temáticos moi estreitamente relacionados co mundo do alumnado.

Nesta ocasión fíxeronnos reflexionar sobre o tema Realidade e apariencia na actualidade. E de novo Chelsea González Besada, de segundo de Bacharelato, quedou clasificada para a final autónomica coa súa curtametraxe Afterlife.  Chelsea acudiu á cita na Facultade de Filosofía de Santiago de Compostela onde, acompañada polos seu compañeiors e compañeiras de clase, fixo una defense moi interesante e concienzuda do seu traballo. E aínda que o nivel dos traballos presentados nesta convocatoria foi moi alto, Chelsea acadou o segundo premio na Olimpiada. Todos e todas no instituto damoslle a noraboa e estamos moi orgullosos dela - sobre todo a súa profesora de filosofía, Beatriz Cuesta-.

Esta clasificación permitirá á alumna participar na Olimpiada nacional que se celebrará en Málaga durante o mes de abril.

Parabéns a toda a comunidade educativa pola cooperación!!!.

Chelsea GonzálezCHELSEA GONZÁLEZ, DO IES ISIDRO PARGA PONDAL DE CARBALLO, OUTRA VEZ FINALISTA NA VI OLIMPÍADA FILOSÓFICA DE GALICIA

A VI Olimpiada Filósofica de Galicia leva, un ano máis, o nome do IES Isidro Parga Pondal, ao rematar finalista Chelsea González Besada coa curta AFTERLIFE. Non é a primeira vez que o centro se clasifica para a Olimpíada, pero si que é a primeira vez que repite premio e finalista, pois Chelsea xa participara na pasada edición xunto con unha compañeira quedando en primeiro posto e participando na nacional. A Olimpíada Filosófica consta de 4 modalidades: disertación, fotografía, dilema moral e curtametraxe.  Nesta ocasión o Isidro Parga Pondal participou na de curta con AFTERLIFE. O 14 de Marzo Chelsea defenderá a sua obra na Facultade de Filosofía en Santiago de Compostela.

Moita sorte, seguro que nos vemos na nacional!

Nova na Voz de Galicia

Nova en Que pasa na Costa

Tralo proceso de selección, levado a cabo durante a primeira avaliación do curso, o candidato seleccionado para a realización da FCT dentro do programa ERASMUS+ é:

  • Daniel Quintela Díaz

 

Dende primeiros do mes de abril  e ata mediados de xuño, este  alumno do C.S. de Administración de Sistemas Informáticos en Rede, atópase realizando as súas prácticas de FCT en Malta dentro do programa ERASMUS+.

 

Unha representación do alumnado do centro dos cursos 2º - 3º - 4º ESO e 1º Bacharelato (43 para ser máis exactos) desprazouse entre o 7 e o 11 de Xaneiro á estación de esquí  andorrana do Tarter para gozar xuntos do deporte invernal por excelencia: o esquí e o snow.
Saíndo o domingo día 7 ás 23:00 e despois dunha tranquila viaxe de ida no que todos puideron durmir sen problemas (ai, non, que algún non calaba nin ás 4 da mañá) chegouse á 1 do mediodía do luns 8 sen incidencias ao hotel (bo, case...).
Ao día seguinte e durante 4 días (ata o venres) o alumnado aprendeu o complicado que é iso que parece tan sinxelo cando se ve pola tele.
Polas tardes puideron gozar de tempo libre para percorrer as rúas de Andorra e visitar as súas tendas (e como non, as súas visitas ao McDonalds) así como unha entrada para Caldea (centro termal moi coñecido na cidade).
E cunha viaxe de volta que transcorreu sen incidentes e onde esta vez si se puido durmir (vese que viñan cansos) chegouse o sábado ás 10 da mañá a Carballo.

A pesar de que houbo algún pequeno contratempo (problemiñas cun pulgar, distensión nun xeonllo e moitos vómitos por culpa do frio, cansazo e non descansar adecuadamente tal e como recomendaron os seus profesores) o alumnado gozou da experiencia.

Agradecer, que moitas veces non se ten en conta, o labor do profesorado neste tipo de viaxes porque, por exemplo, unha das profesoras pasou a noite en vela por acompañar a unha alumna que non se atopaba ben e estivo case máis de 24 horas sen poder durmir.

E como mostra do vivido, este pequeno vídeo con algún deses momentos. Esperamos que gozasen e que se quedaran con ganas de repetir

No IES Parga Pondal de Carballo, un ano mais, poñemos en marcha unha das diversas actividades enmarcadas no Proxecto de Convivencia e Mediación do noso centro.

Ademais da formación en “Alumnado Mediador” iniciada no curso 2007/08 e que fai posible  contar en todos os cursos con alumnos e alumnas mediadores  que actúan como intermediarios na resolución de conflictos no centro ;  levamos 6 anos  traballando co programa de “Alumnado Axudante”, unha figura que nas aulas serve para favorecer a integración de novos alumnos e detectar conflictos que comenzan sendo pequenos problemas e así previr a súa derivación en problemas mais graves como o acoso. No presente curso, xa contamos con este tipo de alumnado en todos os niveis da ESO.

A selección do “Alumno Axudante”  comeza co alumnado de 1º da ESO e que chega ao centro por vez 1ª,  despois dun traballo previo dentro da aula nas horas de titoría,  sae escollido  polos propios  compañeiros o alumnado  que vai ser axudante o cal ten sempre  unha formación específica  que no presente curso  comenza o mañán  xoves 17 de xaneiro con 12 participantes,  e continuará os seguintes xoves.

No IES Parga Pondal o curso pasado eramos 75 persoas  traballando en mellorar a convivencia. Neste equipo inclúense os alumnos mediadores. Os bos resultados  deste traballo poden apreciarse na diminución do número das expulsións e  dos apercibimentos.

Desde o departamento de Mediación, encargado da convivencia escolar no IES Parga Pondal, agradecemos a implicación  de  profesorado, alumnado e familias ademáis de axentes externos como Vieiro ou os Servizos Sociais do concello para construir unha convivencia na comunidade educativa baseada na tolerancia e no respeto á diversidade.  Asimesmo, tamén damos as grazas  aos medios de comunicación  por facer  visible este traballo  que se desenvolve en moitos centros galegos de ensino e que está dando  moi bos resultados na mellora do clima escolar.

Departamento de Mediación do IES Parga Pondal

Que podemos facer con rapaces e rapazas o último día do trimestre cando o que menos queren é traballar?

Pois facemos unha dinámica de Breakout Edu cun premio final.

Durante 50 minutos, o alumnado de 3º ESO A de matemáticas aplicadas tiveron que resolver diferentes problemas e exercicios de aspectos vistos durante o primeiro trimestre co obxectivo de obter tres números que lles permitirían abrir o cadeado dunha mochila e gañar o premio final (o cal non sabían cal era).
Do mesmo xeito, o alumnado da optativa TIC de 4º ESO e 1º bachalerato tiveron que resolver algúns enigmas con preguntas teóricas e exercicios prácticos do que aprenderon durante o trimestre para obter tamén a combinación.
Todo isto traballando en grupos e con música de fondo favorecendo un ambiente distendido.


Esperamos que lles gustara a experiencia.