Instituto de ensinanza secundaria, bacharelato, ciclos formativos e adultos

Taboleiro

Segundo a Orde pola que se convocan os Premios extraordinarios de bacharelato correspondentes ao curso 2020/21, os prazos e requisitos para a solicitude dos mesmos serán os seguintes:

REQUISITOS:

a) Ter rematado os estudos de bacharelato no curso 2020-2021 nun centro docente da Comunidade Autónoma de Galicia, ben na modalidade presencial ou na modalidade a distancia e ser proposto para título na convocatoria ordinaria do dito curso.
b) Ter obtido unha cualificación final media nos dous cursos de bacharelato igual ou superior a 8,75 puntos.
(A nota media calcularase de acordo co establecido na disposición adicional quinta do Decreto 86/2015,do 25 de xuño, polo que se establece o currículo da educación secundaria obrigatoria e dobacharelato na Comunidade Autónoma de de Galicia, DOG do 29 de xuño de 2015).

 PRAZO DE SOLICITUDES:

O prazo de presentación de solicitudes será do 27 de abril ó 26 de maio de 2021.

Maís información

Enlace ao DOG coa Orde

Os nosos parabéns á alumna Zaira Rivadas Mourelle de 4º ESO D por ter acadado un premio accésit no XV Concurso Literario Rita Suárez Amado (Nivel II de Poesía), organizado polo IES Eusebio da Guarda da Coruña.  
Animamos a todo o alumnado que teña inquietudes literarias a participar na seguinte edición.
Deixámosvos un vídeo e unhas imaxes da entrega do premio á nosa alumna Zaira, celebrada o xoves, 25 de marzo no IES Eusebio da Guarda.

 

Premio Zaira Rivadas

Xa temos o alumnado premiado no Concurso de postais de Nadal 2020 convocado polo EDLG en colaboración cos Departamentos de EPVA e de Lingua Galega.

1º premio: NICOLÁS LORENZO NICOLSON. 4º ESO D.

2º premio: REBECA GÓMEZ CUNS. 4º ESO C.

3º premio: BRAIS PENSADO ALBERTI. 1º ESO B.

 (preme nas imaxes para velas máis grandes)

Parabéns aos tres gañadores e graciñas a todo o alumnado que participou!

Felices festas!

Este xoves día 25 de xuño, ás 18:00 da tarde, terá lugar online a cerimonia de entrega de premios de  Wisibilízalas, que como moitos sabedes, é o concurso internacional no que este ano participou o alumnado de 2º de bacharelato coa súa profesora, Leticia Riestra.

A cerimonia pódese ver online a través da seguinte ligazón:

https://www.upf.edu/web/wisibilizalas/4-edicion-2019-2020

É moi sinxelo acceder... só hai que poñer un nome de usuario e entrar.
A cerimonia empeza ás 18:00 e dura ata as 19:30

As categorías nas que participamos son:

 - Certame Wisibilízalas Senior (de 18:20 a 18:50)

 - Premio ao impacto en redes sociais (de 18:50 a 18:55)

Se queredes entrar a ver a cerimonia agradécese para dar máxima difusión a este proxecto.

Todos estamos moi emocionados porque participaron máis de 150 centros de España e Latinoamérica así que a competición vai a ser moi dura.

A partir de hoxe o servizo da biblioteca reabrirá para o préstamo e devolución de libros e material audiovisual, co seguinte protocolo:

a) devolución de libros en préstamo da biblioteca (non libros de texto)

  1. a devolución farase dentro do horario de oficina, de 10 a 13 horas, de luns a venres.
  2. a devolución farase entregando o material na conserxería do centro.
  3. non é necesario traer nin o carné da biblioteca nin identificarse.

b) servizo de préstamo de libros e material audiovisual

  1. farase mediante correo electrónico (ies.parga.pondal@edu.xunta.es) ou chamando ao 881 880 371.
  2. será necesario indicar: nome e apelidos do alumno ou alumna, o título do material solicitado e o número do carné da biblioteca.
  3. importante: se a petición se fai por correo electrónico, indicar un teléfono de contacto.
  4. cando o material solicitado estea disponible, avisaremos a persoa indicada para a súa recollida na conserxería do centro.

NOTA: o prazo para a devolución de libros amplíase ata á volta en setembro para o alumnado que así o precise.

 

Segundo a resolución do 22 de maio de 2020, achégovos as instrucións para a organización das titorías presenciais voluntarias de 2º de bacharelato a partir do 26 de maio.

  • O luns 25 non haberá titorías presenciais, empezaremos o martes 26.
  • Terán carácter voluntario.
  • O horario das titorías presenciais será de 10:00h a 13:00h, en horario libre.
  • Cada día terá asignados uns departamentos e por tanto a súas materias:

Luns: Departamentos de Economía e Música.

Martes: Departamentos de Informática, Tecnoloxía e Xeografía e Historia.

Mércores: Departamento de Matemáticas.

Xoves: Departamentos de Física e Química, Filosofía, Educación Física, Bioloxía e Xeoloxía e Artes Plásticas.

Venres: Departamentos de Castelán, Galego e Inglés.

  • O alumnado terá que pedir cita, como mínimo, chamando preferiblemente por teléfono (881 880 371) ou enviando un email ao centro (ies.parga.pondal@edu.xunta.es) o día anterior antes das 14:00h; indicando o nome, que departamento/materia desexa acudir e a hora.

O equipo directivo.