Instituto de ensinanza secundaria, bacharelato, ciclos formativos e adultos

Información

Rúa Muiño da Pintura, nº 4, 15100 Carballo, A Coruña

Teléfono: 881 88 03 71

Email: ies.parga.pondal@edu.xunta.gal

Horario de verán: 09:00h - 14:00h

Horario administración: 09:00h - 14:00h

O alumnado que ten o domicilio a menos de 2 Km do centro educativo ten a consideración de "usuario excepcional" por parte do servizo de Mobilidade, podéndoselle asignar praza de transporte escolar só no caso de que existan prazas libres. Neste centro recibíronse máis solicitudes que prazas dispoñibles en varias rutas que pasan polo casco urbano. Asignáronse as prazas dando prioridade ás paradas máis lonxanas ao instituto e ao alumnado de cursos máis baixos. O resultado diso é que para o curso 2024-2025 non ten praza de bus escolar o alumnado de 4º da ESO na parada CEIP Bergantiños e tampouco o alumnado de 3º e 4º da ESO na parada R/ Luis Calvo.

As familias do alumnado que solicite transporte escolar gratuíto para o próximo curso teñen toda a información ao respecto na Instrución conxunta 1/2024 sobre a xestión do servizo de transporte de escolares. O documento é extenso, pero posiblemente a maioría das dúbidas que teñan as familias se poden resolver lendo as seguintes partes:

-Usuario/a con dereito ao servizo: páxina 2, párrafo 4.

-Perda da condición de persoa usuaria con dereito: páxina 3, párrafo 3.

-Usuario excepcional (por exemplo, alumnado que vive a menos de 2 Km do centro): páxina 5, párrafo 5 e páxina 6, párrafo 6.

-Peticións de modificacións dos itinerarios e de introducións de novas paradas: páxina 8.

-Utilización excepcional de dúas paradas por un/ha mesmo/a usuario/a: páxina 17, párrafo 5 e seguintes.

LIBROS DE TEXTO

No seguinte documento adxunto pódense consultar os libros de texto e outro material curricular para o curso 2024-2025 para cada un dos niveis educativos: LIBROS DE TEXTO 2024-2025

 

FONDO SOLIDARIO DE LIBROS

A publicación de listaxes provisionais farase o 12 de xullo. A información colocarase no taboleiro da entrada do instituto.

As listaxes definitivas publicaranse o 26 de xullo da mesma maneira.

Os libros do fondo solidario serán entregados ao alumnado durante a primeira ou a segunda semana de clase (o inicio das clases é o 11 de setembro).

 

Xa se poden presentar as solicitudes para o fondo de libros e o cheque para material escolar. O prazo é desde 21 de maio ata o 21 de xuño.

Información

Documentos para a solicitude (anexos I e II) -tamén se poden recoller impresos no centro-

Os documentos pódense entregar no centro ou mediante a sede electrónica

 

Documentación a presentar:

-Anexos I e II cubertos.

-Fotocopias de todas as páxinas cubertas do libro de familia e orixinal.

 

O alumando de 2ºESO A/B vai hoxe, 24 novembro, a ver a obra de teatro “Golpes” na Biblioteca Rego da Balsa, dentro do plan Proxecta+.
O Plan Proxecta é unha iniciativa da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, en colaboración con diferentes organismos, dirixida a fomentar a innovación educativa nos centros a través de programas educativos que desenvolvan as competencias clave como eixo do currículo e os elementos transversais, nos que se inclúe a educación en valores.
Golpes é unha peza teatral contra a violencia machista a cargo da compañía de teatro Aantena protagonizada por Estíbaliz Veiga. Esta obra busca que os espectadores identifiquen os índices sociais de desigualdade latente entre homes e mulleres así como as diferentes formas e caras da violencia de xénero.
#proxecta+ #stopviolenciamachista

Para a conmemoración do 25 N, o día para a ELIMINACIÓN DA VIOLENCIA CONTRA A MULLER, o alumnado da materia Proxecto Competencial dos cursos 1º, 2º e 3º ESO, traballaron durante varias sesións, na análise e reflexión sobre aquela música na que claramente non había, nin hai, unha perspectiva feminista.
E por iso, van ler hoxe aos seus compañeiros un manifesto ademais de ensinarlles os traballos que estiveron a facer na que podedes consultar aquí un fragmento.
#proyectocompetencial #25n #stopbulling #noalaviolencia