IES Isidro Parga Pondal

Instituto de ensinanza secundaria, bacharelato, ciclos formativos e adultos

Como xa é costume dende a pandemia, o departamento de música ofrécenos cada pouco tempo, as gravacións de pezas musicais que os rapaces e rapazas preparan ao longo dos trimestres. Nesta ocasión, o alumnado de 3º ESO D, deléitanos coa interpretación de I’m a believer do grupo Smash Mouth

 

No marco da Estratexia galega de convivencia escolar 2015-2020, a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria elaborou un cuestionario de recollida de datos dos distintos sectores da comunidade educativa co fin de facilitar a elaboración dos plans de convivencia dos centros e de establecer o clima escolar de Galicia, guiando as accións de mellora deste.

Toda a comunidade educativa (alumnado, profesorado, familias e persoal non docente) recibirán uns códigos que lles permitirán acceder a unhas enquisas anónimas de recollida de datos. Os enlaces a cada un dos cuestionarios segundo o grupo serán os seguintes:

Dado que todos non aprendemos do mesmo xeito, dende o noso centro estamos a traballar na transformación e adecuación do mesmo, implantando diversas ferramentas visuais no día a día para que o noso alumnado TEA poida sentirse máis seguro e regular mellor as súas emocións e sentirse máis tranquilos e cómodos no seu desenvolvemento persoal e académico.

Coa colocación destes elementos visuais de comunicación (pictogramas) o centro educativo gaña en accesibilidade co obxectivo de que o noso alumnado TEA teña máis autonomía e maior coñecemento dos recursos dispoñibles do seu centro e se poida orientar polo mesmo tendo acceso a toda a información.

Esta iniciativa permite acadar o obxectivo de garantir unha educación inclusiva, equitativa e de calidade, así como promover oportunidades de aprendizaxe para tod@s. Cabe destacar, que non só está dirixida ao alumnado TEA, senón a todo aquel que poida presentar outras dificultades ou que chega novo ao centro, así como ás nais e pais dos alumn@s e mesmo a calquera persoa que non coñeza a lingua.

O obxectivo final é poder eliminar calquera barreira de comunicación existente que poida limitar os nosos dereitos como cidadáns de pleno dereito.



O venres, 23 de abril conmemórase o día internacional do libro. O 23 de abril é a data na que faleceron grandes literatos como William Shakespeare, Miguel de Cervantes ou Garcilaso de la Vega entre outros. Por iso esta data ten moita importancia para a literatura universal e foi elexida pola Conferencia Xeral da UNESCO para facer unha homenaxe mundial ao libro e tamén aos seus autores.

O obxectivo desta conmemoración é alentar aos máis novos a decubrir o pracer da lectura. É importante que o hábito de ler se adquira a idades temperás xa que aporta moitísimos beneficios como por exemplo: facilita a comunicación, aumenta a curiosidade e o coñecemento, desperta a imaxinación, activa a memoria, estimula a concentración….permitíndonos crecer como persoas.

 

Unha das actividades propostas dende o IES Isidro Parga Pondal  foi pegar vinilos co título de libros e os seus autores nos chanzos das escaleiras, dende a entrada ata o segundo andar. O obxectivo desta actividade é estimular a curiosidade do alumnado con diferentes lecturas, e seguramente ao ver os títulos dos libros que xa teñen lido, viranlles á memoria os agradables recordos dos relatos que máis lles impactaron.

 

 

Tamén contamos coa axuda inestimable do alumnado voluntario. Entre todos fixemos unhas recomendacións súper chulas dalgúns dos nosos libros favoritos como se foran pelis ou series de Netflix, mais claro, cambiamos o nome por BOOKFLIX.

Esperemos que vos gusten e que os mergulledes na lectura de calquera libro!

O pasado xoves, 15 de abril, estivo connosco Vicente Feijoo, técnico da RAG que nos veu a falar sobre a Microtoponimia e a app "Galicia Nomeada". O alumnado de 1º BAC e 4º de ESO, que tiveran cursado Economía, descubriron este rico patrimonio cultural.
A microtoponimia forma parte do noso acerbo como país. Esta disciplina tenta recuperar os nomes dos lugares, das fontes, das pedras, das leiras, coma foron coñecidas e nomeadas polos nosos antergos e que estan a esmorecer. Dende o mundo da Economía e a Responsabilidade Social Corporativa das Empresas é un campo novo a traballar e manter, como motivo de diferenciación e vantaxe comparativa.
Sorprendeunos, Vicente, coa nova App que leva funcionando un ano e que xa leva recollidos máis de 30.000  microtopónimos e que ten como meta albergar máis de 3.000.000 de nomes. Destacou as posibilidades da xeolocalización, gravacións de sons, toma de instantáneas e subidas de vídeos en tempo real, que ofrece a aplicación.
A charla foi apaixonante e moi emotiva.

O día 8 de abril recibimos no IES Isidro Parga Pondal a Angel Noguerol da Cámara de Comercio da Coruña.  Este técnico de innovación é o responsable dos Viveiros de Empresas da Cámara.
Introdúxonos na aventura de emprender, detallou as fases que dende a súa experiencia todo emprendedor supera no seu camiño.
Presentounos os Viveiros que xestionan dende a Cámara,  así como as súas virtudes e vantaxes para os emprendedores.

 

Hoxe, 7 abril , o noso centro realizou unha visita en liña ao corazón do Salón Teatro do Centro Dramático Galego organizada polo departamento de Lingua Galega e o EDLG. Os grupos que puideron asistir de forma online foron os de 2º ESO, 4º ESO e 1º bacharelato.

A actividade consistiu en coñecer en profundidade os segredos do Salón Teatro, conmemorando o seu Centenario. Os alumnos tiveron a oportunidade de realizar preguntas sobre o teatro en xeral que foron contestadas moi amablemente por Fran Núñez, o director do Centro Dramático Galego. No edificio ten a súa sede o Centro Dramático desde hai 22 anos.

A conexión tivo lugar ás 12:30 xunto con outros centros de Galicia. O noso agradecemento á Secretaría Xeral de Política Lingüística pola organización do acto.

Desde os departamentos organizadores, a nosa máis sincera gratitude ao Departamento de Informática pola súa constante colaboración.