IES Isidro Parga Pondal

Instituto de ensinanza secundaria, bacharelato, ciclos formativos e adultos

Rúa Muiño da Pintura, nº 4, 15100 Carballo, A Coruña

Teléfono: 881 88 03 71

Email: ies.parga.pondal@edu.xunta.gal

Horario de verán: 09:00h - 14:00h

Horario administración: 09:00h - 14:00h

O Departamento de Música quere ofrecervos, para que gocedes e recordedes durante o verán, unha produción audiovisual na que mostramos o concerto de todo o noso alumnado de música na IV Semana da Música, que a base de esforzo, espírito colaborador, entusiasmo, ilusión , gañas e un gran compromiso, plasmaron na realidade os proxectos ideados con moito agarimo polo Departamento de Música

Agradecemos a colaboración impagable da dirección do I.E.S. Isidro Parga Pondal, de todo o profesorado e persoal non docente, así como dos ex-alumnos e ex-alumnas por todas as facilidades prestadas para desenvolver este proxecto.

Queremos facer unha mención especial ao equipo de decoración , audición, ás creadoas do cartel deste ano e as presentadoras pola súa dedicación e profesionalidade, así como a Xairo Campos Blanco por manter ese lazo con nós capitaneando as producións audiovisuais.

Esperamos que desfrutedes con este vídeo

Bo verán!!!

 

Rematamos o curso e queriamos agradecerlle ao alumnado axudante que voluntariamente compartira os seus recreos traballando con nós na procura dunha convivencia pacífica na súa aula e no centro.

Agasallámolos cunha camiseta diseñada por Mon Lendoiro, un logo que transmite a importancia do diálogo, a escoita activa e a diversidade. Mon Lendorio é un artista/deseñador gráfico carballés que está colaborando connosco no Taller de Ilustración.

O alumnado axudante contribúe a mellorar o clima de aula e son un referente positivo para os seus compañeiros e compañeiras.

Graciñas polo voso traballo e colaboración co Departamento de Mediación, vémonos no seguinte curso e continuaremos traballando arreo con vós para que este instituto siga sendo un bo exemplo da resolución pacífica de conflitos.

O Xoves 9 de Xuño e o venres 10, os alumnos de 1º da ESO, fixeron una saída á Coruña organizada poco Departamento de Educación Física, para realizar una actividade de escalada no rocódromo de Riazor.

Esta actividade ten unha subvencion da Diputación da Coruña, e levouna a cabo a empresa de montaña AMI. Dita empresa xa veu en Decembro facer unha charla sobre as actividades de montaña que existen, para darlles un poco de visibilidade e que os rapaces as coñezan mellor ca idea de facer logo unha práctica nun rocódromo.

Pensamos que lles gustou a experiencia e que disfrutaron ca actividade

 

 

 

Este luns 23 de maio tivemos a sorte de contar un ano máis coa presencia da excelente musicoterapeuta Iria Rajal, que nos ofreceu dúas sesións do seu MÉTODO VIBRIA, unha para o alumnado de 2º Bacharelato e o outro para o profesorado.

Iria Rajal posúe unha gran mestría neste eido, e deixounos a todos marabillados con esta experiencia sonora na que empregou cuncas de cristal de cuarzo, onde as frecuencias do son espertaron moita curiosidade por parte de todos, ademais de lograr un gran estado de relaxación e un ambiente moi acolledor.

 

  • PRAZO DE SOLICITUDE: 19 DE MAIO ATA 22 DE XUÑO
  • BENEFICIARIOS: ALUMNADO DE ESO
  • PARA PRESENTAR DE XEITO TELEMÁTICO OU PRESENCIAL ENTRAR AQUÍ PARA MÁIS INFORMACIÓN

 

 

Achegamos un resumo da orde neste documento.

Os nosos parabéns á alumna Lola Collazo Couto de 4º ESO A por ter acadado un premio accésit (por segundo ano consecutivo) no XVII Concurso Literario Rita Suárez Amado (Nivel II de Relato curto), organizado polo IES Eusebio da Guarda da Coruña. 

Ademais de varios agasallos, o premio inclúe a publicación do relato.

Animamos a todo o alumnado do noso centro que, como Lola, teña inquietudes literarias a participar nas próximas edicións.

 

 

 

A pasada semana tivo lugar o acto de entrega dos donativos que se recadaron para enviar axuda humanitaria a Ucraína. En total 427 euros que se destinarán a financiar parte dun ecógrafo que se enviará a cidade de Kiev.

Este proxecto que se desenvolveu na materia de Iniciativa á actividade empresarial e emprendedora que cursa o alumnado de 4ºC permitiu adquirir competencias na relación co mundo da empresa, pois tiveron que procurar colaboracións de agasallos para rifar, pedir orzamentos para a elaboración das rifas, contratar prestacións de servizos, recoller albaráns e facturas e viron de xeito práctico un proceso de venta utilizando o marketing dixital.

Destacar a colaboración de Imprentas Paco, Masquetinta, Idea Carballo, Atmosfera Sport, Dequip e Informática Valem SL. Esta aprendizaxe tivo de trasfondo un fin social, que fomenta a educación pola paz e os valores da necesidade de diálogo.

Os donativos foron entregados á Asociación de Bombeiros da Coruña nunha charla no IES PARGA PONDAL onde nos falaron do traballo humanitario destas últimas visitas a Ucraína, así como en Siria ou Etiopía.

 

Para a elaboración dos orzamentos de 2022/2023 podedes participar cubrindo un formulario e aportar nel as vosas suxestións. O resultado non será vinculante pero vai servir para que poidamos detectar necesidades non cubertas e plantexarnos, este ano ou en anos sucesivos, tentar cubrir esas necesidades na medida do posible. A dirección vai ser a que tome as decisións últimas de gasto.

Para cubrir o Formulario/Enquisa é necesario que esteades coa vosa conta da aula virtual aberta. Poderán participar profesores/as e alumnos/as.

Estará aberto ata o 27 de maio.

O enlace da enquisa é o seguinte:


https://www.edu.xunta.gal/centros/iesisidropargapondal/aulavirtual/mod/feedback/view.php?id=31985