IES Isidro Parga Pondal

Instituto de ensinanza secundaria, bacharelato, ciclos formativos e adultos

Rúa Muiño da Pintura, nº 4, 15100 Carballo, A Coruña

Teléfono: 881 88 03 71

Email: ies.parga.pondal@edu.xunta.gal

Horario de verán: 09:00h - 14:00h

Horario administración: 09:00h - 14:00h

No arquivo adxunto pódese obter información sobre as asignacións aos diferentes grupos e as materias optativas que se van a cursar.

A asignación de materias optativas é o resultado de cadrar as preferencias de cada alumno/a expresadas no formulario de matrícula coas limitacións de medios materiais e humanos do centro, polo que non existe a posibilidade de cambios. Para cualquiera dúbida sobre este asunto, consúltese con xefatura de estudos.

Achégase documento pdf coa listaxe dos libros de texto para o curso 23/24.
Pulse aquí para obter o arquivo en PDF.

O pasado mes de maio o alumnado do centro, dirixido polo departamento de Música, celebrou o festival da V Semana da Música. No seguinte vídeo podes ver o concerto de peche da semana.

Con esta actividade organizada conxuntamente polo equipo de mediación e o departamento de Educación Física, onte o alumnado de 3º da eso e os alumnos axudantes do equipo de mediación disfrutaron dunha xornada de lecer con moito deporte e compañeirismo.


Non se pudo facer a excursión prevista ata a praia de Barizo por mor da choiva, pero disfrutamos igualmente dunha xornada de convivencia con torneos deportivos por equipos e unha andaina polo entorno do centro educativo.


O comportamento de todo o alumnado foi exemplar e pasamos unhas horas moi divertidad cunha convivencia estupenda.
esperamos para o seguinte curso sí poder ir a facer a xornada de deporte na praia.


Agradecementos tamén á dirección do centro pola súa axuda e ás profesoras e profesores acompañantes pola súa colaboración.

Un ano máis, o clube de montaña AMI, ofrecéunos a posibilidade de facer unha actividade con eles no rocódromo de Riazor. Dita actividade ten unha subvención da Diputación da Coruña e permite acercar as actividades de montaña, neste caso a escalada, ós rapaces do noso centro que non a coñecían.


Foron 73 rapaces de 1º da ESO que quedaron moi satisfeitos, logrando algúns facer Top no novo rocódromo que está a uns 16 metros de altura!


Noraboa a tódolos participantes!

Educación para adultos

Avalación extraordinaria

xuño 2022-2023

 

Calendario de exames

 

 


 

ESA

(Módulos 2 e 4)

 

 

LUNS 19

MARTES 20

MÉRCORES 21

16:00-18:00

 

 

 

18:00-20:00

Ámb.Com.

(Galego e Castelá)

Ámb.C/T

 

20:00-22:00

Ámb.Com.

(Inglés)

Ámb.Social

 

 

 

 


 

BACHARELATO ADULTOS

(1º e 2º)

 

 

LUNS 19

MARTES 20

MÉRCORES 21

16:00-18:00

 

Ling. Galega I e II

Filosofía
Hª da Filosofía
Psicoloxía

18:00-20:00

Ling. Castelá I e II
Química

 

Física

 

Mate. Aplicadas I e II

20:00-22:00

Inglés I e II

TIC I e II
Mate. II
Hª Mundo Cont.
Hª de España

 

 

A continuación tedes as datas e horario dos exames finais extraordinarios de 1º do Ciclo Superior de Administración de Sistemas Informáticos en Rede. Podedes contactar co profesor de cada materia para recibir detalles sobre a organización de cada unha das probas, sexa persoalmente ou a través do aula virtual.

1º Ciclo

Día Hora Materia
Xoves 15 Xuño 11:30 Xestión de Bases de Datos
Venres 16 Xuño 11:30 Linguaxes de Marcas e Sistemas de Xestión da Información
Luns 19 Xuño 8:30 Planificación e Administración de Redes
Martes 20 Xuño 8:30 Implantación de Sistemas Operativos

2º Ciclo

Día Hora Materia
Venres 16 Xuño 11:30 Implantación de Aplicacións Web
Martes 20 Xuño 8:30 Administración de Sistemas Operativos

O pasado venres 26 de maio, a través de Xeoclip o IES Isidro Parga Pondal de Carballo estivo representado no festival audiovisual escolar Olloboi. Pasámolo pipa e levamos para casa dous certificados de finalistas. Graciñas Olloboi