IES Isidro Parga Pondal

Instituto de ensinanza secundaria, bacharelato, ciclos formativos e adultos

Rúa Muiño da Pintura, nº 4, 15100 Carballo, A Coruña

Teléfono: 881 88 03 71

Email: ies.parga.pondal@edu.xunta.gal

Horario de verán: 09:00h - 14:00h

Horario administración: 09:00h - 14:00h

O pasado venres 17 de febreiro celebrouse no Pazo da Cultura a 8ª edición do Festival de Variétés, un evento organizado pola Asociación de Irmanamento con L´ Isle – Jourdain co fin de achegar a cultura francesa á xuventude da vila e no que participa o alumnado dos diferentes centros educativos.

Este ano o noso instituto estivo representado por un grupo de alumnos de 1º de Bacharelato que preparou unha magnífica coreografía de baile que entusiasmou a todo o público asistente.

O Departamento de Francés quere darlles as grazas pola ilusión que demostraron sempre, por todo o esforzo e traballo realizados e, por suposto, felicitalos pola súa brillante actuación.

Merci beaucoup et félicitations !!! ♥ ♥

Se queredes disfrutar do talento dos vosos compañeiros, mirade o vídeo que aquí deixamos para todos vós.

 

(Probas para a obtención do título de graduado en educación secundaria obrigatoria para maiores de 18 anos)

DOG Nº 30. Luns, 13 de febreiro de 2023.

Prazos de matrícula:

1. Convocatoria de maio: do 6 ao 16 de marzo.

2. Convocatoria de setembro: do 3 ao 10 de xullo.

 

Aviso:

As persoas matriculadas para a convocatoria de maio, se non superan todos os ámbitos considéranse matriculadas para a convocatoria de setembro.

Xa temos o alumnado premiado no Concurso de cartas de amor  convocado polo EDLG en colaboración coa Biblioteca e co Departamento de Lingua Galega.
CATEGORÍA A:
1º premio: MARTA VIEITES LORENZO. 2º ESO C.
2º premio: ÁLEX LORENZO BLANCO. 2º ESO C.
3º premio: INÉS REMUIÑÁN RODRÍGUEZ. 1º ESO A.

CATEGORÍA B:
1º premio: PAULA VARELA POSE. 4º ESO B.
2º premio: LUCÍA LAMAS AMARELLE. 4º ESO D.
3º premio: REBECA VILAS VERDÍA. 4º ESO C.

Parabéns aos gañadores e graciñas a todo o alumnado que participou!

 

Aquí tendes as cartas premiadas. 

 

 

A semana pasada, Mariana Rodríguez de 3º ESO C e Aitor Vecino de 1º ESO A, achegáronse a Rebolondas para contarnos polo miúdo en que consiste o proxecto da horta no que están a participar con moitos outros compañeiros/as. Foron entrevistados por Lucía López e Pablo Antelo de 1º BACH B do obradoiro de radio, que preguntaron sobre unha morea de cousas interesantes. Velaí vos deixamos o podcast para que saibades en que están a traballar, e quen sabe se animarvos a participar.

O pasado venres 3 de febreiro o alumnado de 3º ESO acudiu a Santiago para escoitar a Real Filharmonía de Galicia no Auditorio. Como dicía o creador do espectáculo, o pianista, Javier Otero Neira, tratábase dunha experiencia moi innovadora onde uniron música electrónica co bo facer e profesionalidade dos músicos da Real Filharmonía. No desenrolo da actividade unha das nosas alumnas, María Puga, saíu voluntaria para ler un poema, amplificando, porén, esta experiencia.

Día luns 6 de febreiro:

Hora:

MÓDULO 2 - 17:45h

MÓDULO 4 - 18:30h

Desde o EDLG, o Departamento de Galego e a Biblioteca convocamos por terceiro ano consecutivo o Concurso de cantigas de Entroido.

Gustaríanos que o alumnado do IES Parga Pondal demostrase a súa creatividade e enxeño escribindo cantigas relacionadas co Entroido e coplas satíricas sobre personaxes e temas actuais.

Anímate e participa!

 

 

 


 

 

Desde o EDLG, o Departamento de Galego e a Biblioteca convocamos por terceiro ano consecutivo o Concurso de cantigas de Entroido.


Gustaríanos que o alumnado do IES Parga Pondal demostrase a súa creatividade e enxeño escribindo cantigas relacionadas co Entroido e coplas satíricas sobre personaxes e temas actuais.


Anímate e participa!

 

 


 

 

Prazos de matrícula (Para alumnado de nova incorporación ao centro):
Entre o 9 e o 17 de xaneiro de 2023.

Aviso:
As clases dos módulos 2 e 4 comezarán o luns 6 de febreiro.