Saltar navegación.
Inicio

Chega o Magosto O García Barbón!!!

MURAIS DE OUTONO 

Durante este de mes de novembro desenvolvéronse no IES García Barbón diversas actividades relacionadas coa estación outonal. Unha das máis creativas resultou ser a elaboración de varios decorados que ambientaron os corredores do centro cun remuíño de sensacións visuais cargadas de ocres, amarelos, verdes e vermellos saídos das platinas dos alumnos de FP Básica de Automoción e deAdministrativo que da man das súas profesoras Marta, Ana e Carme xunto co EDL puxeron as notas de cor.

Pódese aprender máis sobre a estación do outono: https://gl.wikipedia.org/wiki/Outono

 

SENSACIÓNS DE OUTONO. MAGOSTÍZATE

O Magosto é unha festa tradicional galega en que o lume e as castañas xogan un papel fundamental.Un ano máis o EDL celebramos o Magosto con produtos típicos da nosa zona e este ano quixemos abrir o abano ós doces elaborados con fariña de castaña así que alumnos e profesorado participamos nunha degustación de galletas, bica, tortas, pudin etc. Todo o repertorio tivo como ingrediente base a raíña do outono, a castaña e ao mesmo tempo demos a coñecer empresas que están a comercializar este tipo de produtos e que teñen máis proxección fóra ca dentro das nosas fronteiras así que dende aquí animámosvos a que investiguedes e consumades este tipo de delicias elaboradas en Galicia.

Para saber máis sobre o magosto: https://gl.wikipedia.org/wiki/Magosto