Skip to Content

ENTREGA DAS BECAS-PREMIO DA FUNDACIÓN FERNANDO BLANCO DE LEMA

O sábado 23 de outubro ás 12:00 no salón de actos tivo lugar o acto de entrega das Becas-Premio da Fundación Fernando Blanco de Lema correspondentes ao curso 2020-21.

Nesta edición o alumnado premiado foi:

Andrés Rodríguez Suárez, que cursou o curso pasado 1º CB de electricidade e electrónica.

David Santabaya Paz, que cursou o ano pasado 2º da ESO.

Martín Hernández Abad, que cursou o ano pasado 1º de bacharelato.

Tamara Martíns Lago, que cursou o ano pasado 1º CS de admininistración e finanzas.

Juan Alejandro Ferrío Correia, que cursou o ano pasado 1º CM de xestión administrativa.

O alumnado estivo acompañado no acto polos seus familiares, titores/as do curso pasado e profesorado. A asistencia ao acto estivo condicionada pola limitación de aforo pola pandemia.

A este fermoso acto, onde os protagonistas son a alumna e alumnos que foron premiados, tamén asistiu o Secretario xeral de educación e formación profesional, don José Luis Mira Lema, a inspectora de educación, dona Magdalena Duarte Blanco, representantes das empresas patrocinadoras e todos os grupos municipais do Concello de Cee.

As empresas que patrocinan estas Becas-Premio son: Santitel, O semáforo de Fisterra, Compucee, Centro comercial Finisterrae, Inforneria, Roberto G. Rigaut - Agencia Mapfre, Cabo Sport, Librerías Ler, Parques y jardines Manuel García, Papelería Fersi e Abanca 

O acto deu comezo cunha intervención do secretario da Fundación Fernando Blanco de Lema, don Darío Areas, que fixo unha semblanza de Fernando Blanco, recordando que neste ano 2021 cúmprense 135 anos da inauguración do Instituto Fernando Blanco e 225 anos do nacemento do filántropo ceense.

A continuación proxectouse un vídeo sobre a historia do Instituto e da Fundación, que foi realizado polos que foron profesores do IES Fernando Blanco, Marcos Eijo e Elvio Antelo, este vídeo ten como banda sonora un vals interpretado ao acordeón por Fernando Fraga director da escola de música e da Banda Municipal de Cee.

Despois do visionado do vídeo interviu a directora do centro, dona Chelo Trillo, que recordou ao alumando premiado a importancia da formación para poder alcanzar as metas e soños que se propoñan.

Posteriormente procedeuse á entrega das becas-premio ao alumnado por parte dos representantes das empresas patrocinadoras e da Consellería.

Para rematar a cerimonia houbo unha intervención do Secretario xeral de educación e formación profesional, don José Luis Mira Lema, que recordou o seu paso polo Fernando Blanco como profesor, no ano 1979, cando só había ensinanzas de FP e o gran cambio que se produciu no centro desde aqueles anos coa incorporación de máis ensinanzas. Tamén salientou a importancia da colaboración co mundo da empresa nas ensinanzas de Formación Profesional e a participación en proxectos e plans educativos, nos que o IES Fernando Blanco é un exemplo pois participa en moitos dos que convoca a Consellería.

Despois todos os asistentes se desprazaron á capela do instituto onde o alumnado fixo unha ofrenda floral no sartego onde repousan as cinzas de Fernando Blanco.

Unha vez rematado o acto, don José Luis Mira Lema visitou os talleres dos departamentos de Mantemento, Electricidade e Automoción acompañado por membros do equipo directivo e profesorado dos devanditos departamentos.

E-DIXGAL 2024/2025

 

IES Fernando Blanco está acollido ao Proxecto E-Dixgal para o alumnado de 1º, 2º, 3º e 4º da ESO no curso 2024/25.

En 1º da ESO usarán o libro dixital E-Dixgal nas materias de Inglés, Matemáticas, Plástica, Educación física, Tecnoloxía e dixitalización, Francés, Relixión católica e Proxecto competencial.

Non terán libro dixital E-Dixgal en catro: Bioloxía e xeoloxía, Lingua castelá, Lingua galega e Xeografía e historia. 

En 2º da ESO usarán o libro dixital E-Dixgal nas materias de Inglés, Matemáticas, Educación física, Tecnoloxía e dixitalización, Francés, Física e química, Relixión católica e Proxecto competencial.

Non terán libro dixital E-Dixgal en catro: Lingua castelá, Lingua galega, Xeografía e historia e Música. 

En 3º da ESO usarán o libro dixital E-Dixgal nas materias de Inglés, Matemáticas, Educación plástica, Educación física, Educación dixital, Cultura financeira, Francés, Física e química, Relixión católica e Proxecto competencial.

Non terán libro dixital E-Dixgal en cinco: Lingua castelá, Lingua galega, Xeografía e historia, Bioloxía e xeoloxía e Música. 

En 4º da ESO usarán o libro dixital E-Dixgal en todas as materias excepto en catro: Lingua castelá, Lingua galega, Xeografía e historia e Bioloxía e xeoloxía.

 

HORARIO DE CUALE A2 E CUALE B1

 

As clases de CUALE A2 comezarán o luns 20 de setembro ás 18:30 horas na aula 104, planta baixa do edificio principal. O seu horario será luns e mércores de 18:30 a 20:10 horas. O libro de texto será indicado pola profesora o primeiro día de clase.

As clases de CUALE B1 comezarán o martes 21 de setembro ás 18:30 horas na aula 104, planta baixa do edificio principal. O seu horario será martes e xoves de 18:30 a 20:10 horas. O libro de texto será indicado pola profesora o primeiro día de clase.

 

 

Validacións módulos de Ciclos Formativos

Requisitos e prazos para solicitar validacións

A persoa solicitante presentará a solicitude de validación e a documentación alegada para xustificar a validación daqueles módulos dos que estea matriculada perante a dirección do centro educativo.

1. Se a resolución da validación corresponde á dirección do centro educativo, o alumnado deberá presentar o anexo XIV da Orde 12 de xullo de 2011 debidamente cuberto, dentro dos primeiros 20 días de inicio das clases. É dicir ata o día 4 de outubro

2. Se a resolución de validación corresponde ao Ministerio de Educación e Formación Profesional, o alumnado deberá presentar o anexo V do Real decreto 1085/2020.

O prazo de presentación de solicitudes de validación que resolve o ministerio iníciase o día en que comeza o curso escolar e finaliza o derradeiro día do curso escolar. Só se poderá presentar unha única solicitude de validación por curso académico. Trataránse con preferencia os expedientes presentados dende o inicio do prazo para realizar a matrícula ata a finalización do mes de outubro de cada curso escolar.

Máis información.

Anexo XIV de solicitude

A solicitude de validación xunto coa documentación xustificativa, podedes entregala debidamente cuberta na secretaría do centro ou podedes enviala por correo electrónico a: ies.fernando.blanco@edu.xunta.gal, indicando no asunto solicitude de validación.

 

BENVIDOS/AS AO CURSO 2021/2022 NO FERNANDO BLANCO

Estimados/as alumnos e alumnas. Benvidos/as ao curso 2021/2022 no IES Fernando Blanco!

O mércores 15 de setembro comezan as clases no IES Fernando Blanco a partir das 8:30 horas para todos os grupos, excepto 1º e 2º de CM de Xestión Administrativa e 1º e 2º de CS de Administración e Finanzas que empezarán ás 8:40 horas.

Facendo clic no seguinte link tedes as aulas base de cada grupo e por onde tedes que acceder ás mesmas, haberá carteis con frechas e indicacións na entrada:

Acceso grupos 1º día

 

INFORMACIÓN SOBRE MATRÍCULA 2021/2022

 

Nos seguintes links podedes acceder á información relativa ao proceso de matrícula de varias ensinanzas impartidas no IES Fernando Blanco:

 

INFORMACIÓN E IMPRESO DE MATRÍCULA ESO

 

INFORMACIÓN E IMPRESO DE MATRÍCULA 1º BACHARELATO

 

INFORMACIÓN E IMPRESO DE MATRÍCULA 2º BACHARELATO

 

INFORMACIÓN E IMPRESO DE MATRÍCULA 2º CM E 2º CS     (Modelo ED519A)

 

 

Publicación de notas da convocatoria de setembro de 2021

 

As notas da convocatoria de setembro de 2021 publicaranse en Abalar o venres 3 de setembro de 2021 a partir das 14:00 horas.

CUALE 2021/22

 

O ALUMNADO QUE RESULTOU ADMITIDO en CUALE A2 e en CUALE B1, poderá realizar a súa matrícula ENTRE OS DÍAS 1 E 10 DE SETEMBRO DE 2021.

Deberá cubrir o impreso de matrícula que se adxunta e acompañalo da documentación indicada no mesmo impreso.

Toda esta documentación poderán presentala de forma presencial na oficina do IES Fernando Blanco ou enviala por correo electrónico ENTRE OS DÍAS 1 E 10 DE SETEMBRO DE 2021.

IMPRESO DE MATRÍCULA CUALE 2021/22

PREMIO DUALIZA ORIENTA

 

O equipo docente do ciclo de Mantemento electromecánico do IES Fernando Blanco foi galardoado no pasado mes de xuño co Premio Nacional da Convocatoria Dualiza Orienta grazas ao proxecto que presentaron denominado: Formación Profesional: Estilo de vida.

Organizado por FP Empresa e Fundación Dualiza Bankia, é un gran pulo para a difusión destas ensinanzas entre os adolescentes da nosa zona. 

Formación Profesional: estilo de vida

PRAZAS VACANTES NO CS DUAL AUTOMATIZACIÓN E ROBÓTICA INDUSTRIAL

No IES Fernando Blanco hai prazas vacantes no CS Dual de Automatización e robótica industrial, as persoas interesadas e que cumpran os requisitos de acceso a ciclos formativos de grao superior, poden presentar a súa solicitude cubrindo o impreso que se inclúe máis abaixo, xunto cunha copia do seu DNI polas dúas caras, certificado dos estudos que alega para o acceso e o seu curriculum vitae en formato Europass.

Poden presentar a documentación de forma presencial na oficina do IES Fernando Blanco ou enviala por correo electrónico a: ies.fernando.blanco@edu.xunta.gal

Impreso de solicitude de vacantes

Distribuir contido


by Dr. Radut