Skip to Content

BENVIDOS/AS AO CURSO 2022/2023 NO FERNANDO BLANCO

Estimados/as alumnos e alumnas. Benvidos/as ao curso 2022/2023 no IES Fernando Blanco!

No seguinte documento está indicado o lugar de presentación de cada un dos grupos o xoves 8 de setembro, todos os grupos deberán estar no centro ás 8:30 horas:

  AULAS E HORA DE PRESENTACIÓN

CUALE 2022/23

O alumnado que fixo a preinscrición para o Plan CUALE 2022/23 (inglés) fará a matrícula ata o 9 de setembro do seguinte xeito:

- ou ben presencialmente, na Secretaría do IES Fernando Blanco (previa cita no teléfono 881880467) 

- ou ben enviando a documentación ao seguinte correo electrónico: ies.fernando.blanco@edu.xunta.gal

 

Documentación para a realización da matrícula:

- Impreso de matrícula (está dispoñible no link de abaixo) cuberto e asinado.

- 1 copia do DNI do alumno/a (Non é necesaria se xa a entregaron na preinscrición)

- 1 copia do DNI dos país/titores legais.

- 2 fotografías tamaño carné. (Só 1 fotografía o alumnado que xa cursou CUALE no IES Fernando Blanco).

 

Ademais, no caso de alumnos/as que no curso 2022/23 vaian estudar ESO, bacharelato ou ciclos noutro centro distinto ao IES Fernando Blanco:

- Certificado de matrícula do curso 2022/23

- Certificado de estudos cursados no 2021/22. (Só no caso de alumnos/as de 4º ESO doutros centros que se vaian matricular en CUALE A2)

 

IMPRESO DE MATRÍCULA CUALE 2022/23

 

MATRÍCULA EN 1º DE CM E CS (RÉXIME ORDINARIO OU RÉXIME DUAL) CURSO 2022/23

O alumnado que resultou admitido no IES Fernando Blanco, en 1º de ciclos medios e 1º de ciclo superior (no réxime ordinario), deberá formalizar a súa matrícula entre o día 19 de xullo de 2022 ás 9:00 horas e o 22 de xullo de 2022 ás 13:00 horas.

O alumnado de 1º CM Soldadura e caldeiraría (Dual)deberá formalizar a súa matrícula entre o día 18 de xullo de 2022 ás 9:00 horas e o 26 de xullo de 2022 ás 13:00 horas.

A documentación necesaria e os impresos que deben cumprimentar, pódense descargar no seguinte link:

INFORMACIÓN E IMPRESOS DE MATRÍCULA

A documentación pódese presentar de forma presencial previa petición de cita no 881880467

INFORMACIÓN TRANSPORTE ESCOLAR CURSO 2022/23

 

O alumnado da ESO (ou de FP Básica menor de 16 anos) que vive en Corcubión non ten que cubrir ningún documento de uso de transporte escolar, por ter dereito ao transporte escolar gratuíto na liña de Corcubión.

No seguinte link pódese acceder ao documento sobre o funcionamento do transporte escolar no curso 2022/23:

INFORMACIÓN TRANSPORTE ESCOLAR 2022/23

SOLICITUDE TRANSPORTE AGRA DE RAÍCES (ESO E FP BÁSICA)

SOLICITUDE TRANSPORTE LIÑA DE CORCUBIÓN (BACHARELATO E CICLOS)

 

 

Libros de texto 2022/23

Para ver os libros de texto dos distintos departamentos do centro podes acceder no menú CURSO 2022-2023, ou facendo clic AQUÍ 

MATERIAS QUE SE IMPARTIRÁN EN E-DIXGAL NO CURSO 2022/23

IES Fernando Blanco está acollido ao Proxecto E-Dixgal para o alumnado de 1º da ESO e 2º da ESO no curso 2022/23.

En 1º da ESO usarán o libro dixital E-Dixgal nas materias de Inglés, Matemáticas, Plástica, Educación física, Tecnoloxía e dixitalización, Francés e Relixión católica.

Non terán libro dixital E-Dixgal en catro: Bioloxía e xeoloxía, Lingua castelá, Lingua galega e Xeografía e historia. Nestas materias teñen libro de texto físico.

En 2º da ESO usarán o libro dixital E-Dixgal nas materias de Inglés, Matemáticas, Plástica, Educación física, Tecnoloxía, Educación financeira, Francés, Física e química, Relixión católica, Valores éticos e Paisaxe e sustentabilidade.

Non terán libro dixital E-Dixgal en catro: Lingua castelá, Lingua galega, Xeografía e historia e Música. Nestas materias teñen libro de texto físico.

 

OFERTA DE CICLOS DE FP

Podes acceder á información sobre a oferta de ciclos formativos de FP facendo clic na pestana Os nosos ciclos (na parte superior da web), ou directamente facendo clic AQUÍ

MATRÍCULA ESO E BACHARELATO CURSO 2022/23

O prazo de formalización de matrícula da ESO e Bacharelato para o curso 2022-2023 abrangue do día 27 de xuño ao 10 de xullo. (O prazo de entrega na secretaría do centro remata o venres 8 de xullo).


A continuación adxúntase os impresos necesarios para a matrícula así como un documento de información onde se recolle toda a documentación que se debe entregar para formalizar a matrícula. Lembren pedir cita para o proceso de matrícula e traer toda a documentación debidamente cumprimentada e asinada.


Moitas grazas pola súa colaboración.

Información xeral sobre a matrícula na ESO e Bacharelato

Impreso de matrícula e autorizacións ESO

Impreso de matrícula e autorizacións 1º Bacharelato

Impreso de matrícula e autorizacións 2º Bacharelato

ACTIVIDADES EXTRAESCOLARES E COMPLEMENTARIAS

 

Podedes acceder a todas as actividades que se realizan no IES Fernando Blanco no lado dereito da web no menú de ACTIVIDADES tanto EXTRAESCOLARES como COMPLEMENTARIAS.

Gran Final da XI Olimpíada cultural o saber ten premio

Este mércores 22 de xuño tivo lugar a Gran final da XI edición da Olimpíada cultural O Saber ten Premio, no salón de actos do IES Fernando Blanco onde estaba presente o alumnado, as súas familias, o profesorado e os patrocinadores que a fan posible. Tamén nos acompañou o subdirector xeral de ordenación, inspección e avaliación do sistema educativo don Iván Mira Fernández. 

Esta Gran final estivo conducida polo xornalista corcubionés Fran Hermida. A ela chegaron 3 equipos que se clasificaron despois das semifinais previas, estes equipos foron: FCAC, Os murciégalos e Os terceiros.

A Gran final componse de dúas partes:

 

A primeira parte, na que os 2 equipos clasificados en 1º e en 2º lugar (FCAC, Os murciégalos) tiveron que contestar a 20 preguntas extraídas ao chou entre máis de 1.000 preguntas elaboradas por todo o profesorado do centro e de todas as materias e de todas as ensinanzas que se imparten no IES Fernando Blanco, mediante un programa informático. Nesta primeira parte resultou clasificados en 1º lugar FCAC  e en 2º lugar Os murciégalos.

 

A segunda parte consistiu nun debate sobre o tema "A nova Lei de Protección Animal ten en consideración os animais domésticos como membros da familia e regula as condicións nas que deben estar", na que os dous equipos clasificados defenderon posturas opostas, FCAC a favor da regulación e Os murciégalos en contra. Esta parte foi xulgada por un xurado composto por tres profesores e profesoras do centro Ana López Bugeiro, María Paz Lema e Serxio Iglesias Rodríguez. Nesta fase do debate tamén resultou gañador o grupo FCAC, polo que finalmente se proclamaron vencedores desta 11ª edición da nosa Olimpíada Cultural.

 

O debate

 

O primeiro premio de 600 €, correspondeulle ao equipo FCAC está integrado por Marco Antonio Esteban Norat (1ºCS Automatización e robótica industrial), Viviana Ramírez Silva (1ºCS Automatización e robótica industrial), Eva Senra Fafián (1º bacharelato B), Lucía Canosa Lestón(1º ESO) e Enrique Castro Conde (3º ESO). Este premio foi entregado por don Justo Trillo Lado representante de XEAL que é a empresa que patrocina o primeiro premio.

 

Os gañadores, equipo FCAC

 

O segundo premio de 400 € foi para o equipo Os murciégalos que estaba formado por Sergio Castro Romar (1ºCS Automatización e robótica industrial), Isabel Díaz Jallas (2º bacharelato C), Ariadna Mar Castro Arasme (1º bacharelato B), Elisabet Insua Ostaseviciene (4º ESO) e Brais Canosa Lestón (1º ESO). O premio foi entregado por dona Mélani Lois Barcia que representaba a GERCA, que era a empresa que patrocinou este 2º premio.

 

Os segundos clasificados, Os murciégalos

 

O terceiro premio dotado con 300 € foi gañado polo equipo Os terceiros composto por José Denis Reyes (1º CM Mantemento electromecánico), Diego Estévez Canosa (1º CS Administración e finanzas), Paula Pérez Espasandín (1º bacharelato B), Alejandro Ferreiro Somoza (3º ESO) e Juan Francisco Díaz Suárez (2º ESO). Fixo entrega do premio don Severo Roget Romero, en represntación de Ferretería Roget, que é a empresa que patrocinou este 3º premio.

 

En 3º lugar, equipo Os terceiros

 

Para rematar a gala houbo unhas actuacións musicais a cargo de profesorado do centro (Jéssica Caloto, Sofía Cendán e Rafael Poncela) que interpretaron varias cancións que o público tamén cantou seguindo a letra proxectada.      

 

    

 

  

Distribuir contido


by Dr. Radut