Skip to Content

Gran Final da XI Olimpíada cultural o saber ten premio

Este mércores 22 de xuño tivo lugar a Gran final da XI edición da Olimpíada cultural O Saber ten Premio, no salón de actos do IES Fernando Blanco onde estaba presente o alumnado, as súas familias, o profesorado e os patrocinadores que a fan posible. Tamén nos acompañou o subdirector xeral de ordenación, inspección e avaliación do sistema educativo don Iván Mira Fernández. 

Esta Gran final estivo conducida polo xornalista corcubionés Fran Hermida. A ela chegaron 3 equipos que se clasificaron despois das semifinais previas, estes equipos foron: FCAC, Os murciégalos e Os terceiros.

A Gran final componse de dúas partes:

 

A primeira parte, na que os 2 equipos clasificados en 1º e en 2º lugar (FCAC, Os murciégalos) tiveron que contestar a 20 preguntas extraídas ao chou entre máis de 1.000 preguntas elaboradas por todo o profesorado do centro e de todas as materias e de todas as ensinanzas que se imparten no IES Fernando Blanco, mediante un programa informático. Nesta primeira parte resultou clasificados en 1º lugar FCAC  e en 2º lugar Os murciégalos.

 

A segunda parte consistiu nun debate sobre o tema "A nova Lei de Protección Animal ten en consideración os animais domésticos como membros da familia e regula as condicións nas que deben estar", na que os dous equipos clasificados defenderon posturas opostas, FCAC a favor da regulación e Os murciégalos en contra. Esta parte foi xulgada por un xurado composto por tres profesores e profesoras do centro Ana López Bugeiro, María Paz Lema e Serxio Iglesias Rodríguez. Nesta fase do debate tamén resultou gañador o grupo FCAC, polo que finalmente se proclamaron vencedores desta 11ª edición da nosa Olimpíada Cultural.

 

O debate

 

O primeiro premio de 600 €, correspondeulle ao equipo FCAC está integrado por Marco Antonio Esteban Norat (1ºCS Automatización e robótica industrial), Viviana Ramírez Silva (1ºCS Automatización e robótica industrial), Eva Senra Fafián (1º bacharelato B), Lucía Canosa Lestón(1º ESO) e Enrique Castro Conde (3º ESO). Este premio foi entregado por don Justo Trillo Lado representante de XEAL que é a empresa que patrocina o primeiro premio.

 

Os gañadores, equipo FCAC

 

O segundo premio de 400 € foi para o equipo Os murciégalos que estaba formado por Sergio Castro Romar (1ºCS Automatización e robótica industrial), Isabel Díaz Jallas (2º bacharelato C), Ariadna Mar Castro Arasme (1º bacharelato B), Elisabet Insua Ostaseviciene (4º ESO) e Brais Canosa Lestón (1º ESO). O premio foi entregado por dona Mélani Lois Barcia que representaba a GERCA, que era a empresa que patrocinou este 2º premio.

 

Os segundos clasificados, Os murciégalos

 

O terceiro premio dotado con 300 € foi gañado polo equipo Os terceiros composto por José Denis Reyes (1º CM Mantemento electromecánico), Diego Estévez Canosa (1º CS Administración e finanzas), Paula Pérez Espasandín (1º bacharelato B), Alejandro Ferreiro Somoza (3º ESO) e Juan Francisco Díaz Suárez (2º ESO). Fixo entrega do premio don Severo Roget Romero, en represntación de Ferretería Roget, que é a empresa que patrocinou este 3º premio.

 

En 3º lugar, equipo Os terceiros

 

Para rematar a gala houbo unhas actuacións musicais a cargo de profesorado do centro (Jéssica Caloto, Sofía Cendán e Rafael Poncela) que interpretaron varias cancións que o público tamén cantou seguindo a letra proxectada.      

 

    

 

  

IMPRESOS DE ADMISIÓN PARA ALUMNADO DE 2º DE CM E CS

 

No documento adxunto podedes acceder á información da solicitude de admisión a 2º curso de CM e de CS. Estes impresos son exclusivamente para alumnado que pasa a 2º curso ou repite 2º, tanto de CM como de CS.

Prazo do 27 de xuño ao 5 de xullo

 

IMPRESOS SOLICITUDE ADMISIÓN 2º CM E 2º CS

Participación no fondo solidario de libros de texto e axudas para adquirir libros de texto e material escolar da ESO 2022/2023

A Orde do 29 de abril de 2022 (DOG do 18 de maio de 2022) regula a participación no fondo solidario de libros de texto e convoca axudas para adquirir libros de texto e material escolar destinadas ao alumnado matriculado en educación primaria, educación secundaria obrigatoria e educación especial en centros docentes sostidos con fondos públicos, para o curso escolar 2022/23.

O IES Fernando Blanco está incluído no proxecto educación dixital (E-DIXGAL) no curso 2022/2023, polo tanto, o  alumnado de 1º e de 2º da ESO estará excluído da participación no fondo solidario de libros de texto e das axudas para adquirir libros de texto. Non obstante, terá dereito á axuda para adquirir material escolar, así como ás establecidas nas disposicións adicionais primeira e segunda, se reúne os requisitos establecidos na devandita orde.

As solicitudes presentaranse preferiblemente por vía electrónica no formulario normalizado (Anexos I e II) dispoñibles na aplicación informática Fondolibros (https://www.edu.xunta.gal/fondolibros), a través da sede electrónica da Xunta de Galicia: https://sede.xunta.gal

Opcionalmente, poderanse presentar as solicitudes presencialmente nos centros docentes ou en calquera dos lugares e rexistros establecidos na normativa reguladora do procedemento administrativo común.

Prazo para presentar solicitudes:

1. O prazo para presentar as solicitudes iniciarase o día seguinte ao da publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia e rematará o día 22 de xuño de 2022 incluído.

2. O alumnado que, unha vez transcorrido o prazo indicado, pase a estar en situación de tutela ou garda da Xunta de Galicia, ou se incorpore a un centro docente sostido con fondos públicos procedente de fóra de Galicia ou a un centro situado en Galicia pero non sostido con fondos públicos, poderá presentar a solicitude no prazo de un (1) mes contado a partir do día seguinte á formalización da matrícula. Non se poderán presentar solicitudes despois do 31 de marzo de 2023.

3. O alumnado que repita 4º da ESO e aquel que non obteña praza en formación profesional básica no curso 2022/23 e formalice a matrícula no curso da ESO que lle corresponda, cando non presentase solicitude de participación no fondo solidario nin de axuda para adquirir material escolar no prazo indicado, tamén poderá presentala no prazo de un (1) mes desde a formalización da matrícula.

 

Link á Orde

 

Anexo I en galego                  Anexo II en galego                                

Anexo I en castellano            Anexo II en castellano      

Espazos de tecnoloxía aplicada na FP

Espazos de tecnoloxía aplicada na FP

O proxecto ElevAula 4.0 presentado polo departamento de Instalación e mantemento do Fernando Blanco está entre os 14 seleccionados en toda Galicia, a inmensa maioría CIFP, na convocatoria de Espazos de tecnoloxía aplicada na FP.

Con este programa a Consellería de cultura, educación e universidades dota aos centros públicos para que poidamos realizar a conversión de aulas tradicionais en espazos de tecnoloxía aplicada na Formación Profesional.

Parabéns aos membros do departamento de Instalación e mantemento por este merecido recoñecemento!

 

Autorización para a recollida de títulos

Autorización para a recollida de títulos 

Autorización para a recollida de títulos

PROXECTOS PREMIADOS EN INNOVACIÓN NA FP

 

FP Innova

 

O departamento de electricidade e electrónica do IES Fernando Blanco foi premiado na convocatoria 2022 de Proxectos de innovación na FP polo seu proxecto Mitigando o gas radón (Rn 86), proxecto no que tamén colabora o IES Punta Candieira de Cedeira. E tamén resultou premiado polo proxecto eSTEAMos na FP Básica (coordinado polo IES Punta Candieira) no que participa como centro colaborador xunto co CIFP Politécnico de Lugo.

Parabéns aos membros do departamento!  

EDUCACIÓN PARA PERSOAS ADULTAS. PROBAS EXTRAORDINARIAS DE MAIO

Facendo clic no seguinte link podedes acceder ao calendario das probas extraordinarias da EPA:

CALENDARIO DAS PROBAS

As probas desta avaliación celebraranse simultaneamente ás clases e as notas publicaranse en Abalar venres 13 de maio a partir das 15:00 horas.

PUBLICACIÓN DAS LISTAXES PROVISIONAIS DO ALUMNADO ADMITIDO E NON ADMITIDO NAS ENSINANZAS DE ESO E BACHARELATO PARA O CURSO 2022/2023

 

Publicadas hoxe (22/04/2022) as listaxes provisionais do alumnado admitido e non admitido nas ensinanzas de ESO e Bacharelato para o vindeiro curso 2022/2023.

Pódense consultar de dúas formas:

- Presencial: única e exclusivamente no taboleiro de anuncios situado no interior do edificio escolar.

Non presencial: única e exclusivamente a través da aplicación admisionalumnado empregando Chave365 ou certificado dixital.

PREMIADAS/OS NO XVI CERTAME DE MICRORRELATOS

O xurado do XVI Concurso de microrrelato deu a coñecer hoxe as gañadoras e gañadores do mesmo.

Podedes acceder aos nomes dos premiados así como aos microrrelatos gañadores no link do Equipo de dinamización da lingua galega (EDLG), na parte dereita da web ou facendo clic na seguinte ligazón:

PREMIADAS/OS NO XVI CERTAME DE MICRORRELATOS

Curso AFD FMEE0208 Montaxe e posta en marcha de bens de equipo e maquinaria industrial

 Cartel curso AFD

O próximo 7 de marzo está previsto que comece nas instalacións do IES Fernando Blanco o curso AFD FMEE0208 Montaxe e posta en marcha de bens de equipo e maquinaria industrial.

Este curso ten unha duración total de 768 horas de marzo a setembro das que 80 horas son de prácticas nunha empresa.

Os requisitos de acceso ao curso é ter a ESO completa (ou estudos equivalentes) e ser demandante de emprego inscrito/a na oficina de emprego.

O curso será en horario de tarde.

Neste curso aprenderase, entre outras cousas: Soldadura. Automatismos. Debuxo en 3D. Uso do pantógrafo (CNC).

A preparación recibida capacita para os seguintes postos de traballo: Operario de mantemento de maquinaria industrial. Mecánico de peche de envases metálicos. Soldador. Operario de montaxe. 

As persoas solicitantes teñen que cubrir o impreso de solicitude e envialo xunto cunha foto ou escaneo do DNI polas dúas caras e copia do título académico ao correo: ies.fernando.blanco@edu.xunta.gal ou entregalo na secretaría do instituto.

A proba de selección será o 22 de febreiro ás 16:00 horas.

Impreso de solicitude

 

 

 

Distribuir contido


by Dr. Radut