Skip to Content

    erasmus  stembach

av  plan d

proxectos

anpa1

Tecnoloxía

Visita de alumnos ao CITEEC da Escola de Caminos, Canais e Portos

O pasado día 10 de outubro, un grupo de alumnos de segundo de bacharelato da asignatura Tecnoloxía Industrial, acompañados pola profesora Rosa Fernández Salmonte e o profesor Mario S. García, tiveron a oportunidade de coñecer varios laboratorios que a Escola de Camiños, Canais e Portos  (CITEEC) ten para investigación. Como en ocasións anteriores, poideron desfrutar das explicacións que os anfitrións lles deron sobre hidráulica, dinámica de fluidos e probas de materiais entre outras, incluindo un espectacular ensaio sobre unha barra de aceiro (ver foto).

 

 

(Fotos: Mario S. García)

 

Alumnos do Eusebio asisten ao taller de robótica da Fundación Barrié de la Maza

O pasado 28 de abril un nutrido grupo de alumnos de cuarto da ESO asistiron durante dúas horas a un taller de robótica na Fundación Barrié de la Maza. O taller consistiu nunha charla teórica, unha sesión práctica e unha competición en grupos. O comportamento do alumnado foi alabado pola organización. Pola outra banda, a grande maioría dos alumnos disfrutaron e aprenderon, polos comentarios que deron despois. As fotos así o amosan.

 

(Fai clic nas fotos para velas todas)


 

 

Charla sobre arquitectura bioclimática

O pasado 21 de marzo o profesor Juan Bello deu unha charla moi interactiva a alumnos de terceiro e cuarto da ESO sobre arquitectura bioclimática. A actividade, organizada polo departamento de Tecnoloxía, deu a oportunidade aos alumnos de examinar varios fornos solares. O profesor contou a súa experiencia con eles, invitando aos alumnos á próxima xornada de cociña solar que celebrarase na universidade coruñesa a finais de abril.

 

Actualización: O V Encontro Solar celebrouse no campus da UDC. Fai clic para ver unha selección das fotos.

Videos interactivos de circuitos eléctricos

Para ampliar as explicación das clases de Tecnoloxía podes ver estes videos que te axudarán a facer as prácticas de Electricidade e de Electrónica paso a paso (Videos realizados e facilitados polos proferores de Tecnoloxía Rocío Leira Rodríguez e Jorge Gómez Suárez).

A impresora 3D gañada nunha competición xa funciona no taller de Tecnoloxía

O pasado curso un grupo de alumnos -Javier Enríquez Guerrero, Iago Martínez Edreira, Alberto Rey Ares e Gustavo Vilca Mayta- gañaron unha impresora 3D para o instituto na competición D3Mobile.

Como podedes ver a impresora xa está montada e funcionando no taller de Tecnoloxía.

 

O seu exemplo ten animado a máis alumnos a voltar á competición este curso. Parabéns!

O instituto Eusebio segundo Alba e Valentina

O curso pasado, e coma un traballo dentro da materia de TIC en 4º da ESO, as alumnas Alba Fernández e Valentina Sánchez, presentaron este video feito completamente por elas.

 

 

Tecnoloxía 3º da ESO. Materia para o examen de setembro

 

A materia que entra no examen de setembro de 3º ESO de Tecnoloxía será a seguinte:
  • Electricidade.
  • Fontes de Enerxía.
  • Materiais.
  • Hardware de Ordenadores.
  • Pranta, Alzado e Perfil con Acotacións dunha figura.
 
Asemade, no caso de que non entregaras o Proxecto do Forno Solar, has de traelo feito o día do examen. A execución do proxecto será individual.

 

XX Día da Ciencia na rúa

Invitados pola Agrupación Astronómica Io, os alumnos de 2º ESO Roque Placer e Alfredo Chavert acudiron á XX edición do Día da Ciencia na Rúa co seu Telurio, feito para un proxecto de mecanismos en Tecnoloxía. 

O artello foi admirado especialmente polos cativos, aínda que os adultos amosaban sorpresa ao velo feito con materiais de refugallo na práctica totalidade.

O proxecto empregaba dúas pilas para mover o conxunto Sol-Terra-Lúa a través de varias rodas con correa coma mecanismo de transmisión e reducción da velocidade dun motor eléctrico. Clicando na imaxe poderás ver máis fotos e tamén un video do funcionamento (autores das fotos: Pedro R. Porca e Mario S. García).

 


 

Día da Ciencia na Rúa 2015

A Asociación de Amigos dos Museos Coruñeses tráenos unha nova edición do Día da Ciencia na Rúa. Esta vez a vixésima: vinte anos organizando un dos actos máis populares e queridos polas xentes das bisbarras. Os protagonistas son os rapaces, que co seu entusiasmo contaxian a tódolos visitantes, facendo que sexa unha ledicia visitar as 'jaimas' para ver as súas demostracións e descubrimentos.

 

 

Clicando no cartel podes ver o programa completo de actividades e os participantes. Lémbrate, será o vindeiro sábado 9 de maio. Ademais, os Museos Científicos serán gratuítos e terán uns programas repletos de contidos.

 


 

Dous sinxelos motores eléctricos

O alumno de 2º da ESO Alfredo Chavert Sancho fixo polos seus propios medios estes dous exemplos de sinxelos motores eléctricos. Parabéns!


 

 

Premiados no taller de Robótica da Fundación Barrié

(fai clic na foto para acceder ao álbum)

 

Os alumnos Álvaro Martínez-Feijoo, Pablo Solleiro, Aldana Sarabia e Melissa Urquiola, xunto á profesora de Tecnoloxía Rosa Fernández Salmonte, acadaron o terceiro premio (ESO) no sétimo concurso galego de robótica, o pasado 6 de febreiro.

Esta competición, feita dentro dun contorno de aprendizaxe desenvolvido pola Fundación Barrié no seu programa educaBarrié, foi organizada por Igaciencia, Institución Galega de Ciencia, e participaron 1300 alumnos. Parabéns!

 

 

Actualización 22 febrero: Velaiquí os vídeos do acto.

 


 

Video dos proxectos de estruturas de 2º de ESO, curso 2013/14

Aínda podedes ver algúns destes proxectos na Biblioteca do centro. Alí están expostos.


 

Materias impartidas no departamento

As materias impartidas polo departamento de Tecnoloxía, asemade a citada, son as seguintes:

  • Informática;
  • Tecnoloxía Industrial I;
  • Tecnoloxía Industrial II;
  • TIC.

 

Visita ao MUNCYT (Museo Nacional de Ciencia e Tecnoloxía)

O pasado martes, día 14 de xaneiro, visitamos (seis profesores e máis de cen alumnos de 2º da ESO) o MUNCYT, ese espléndido museo que mira ao mar coruñés. Valoramos a amplitude  de espazos, a riqueza dos contidos, a xentileza no trato, o ben organizado que teñen o tempo para que os rapaces queden prendados e ignoren o aborrecemento. En canto chegamos, distribuíronos por grupos con cadanseu monitor e inmediatamente lles propuxeron un entretido xogo de preguntas e respostas, caderno en man. Así a todos nos voou o tempo. Que destacariamos do que puidemos ver? A sala das maiúsculas, onde hai máquinas dunha beleza pseudo renacentista, dignas de Leonardo, a lanterna que foi do faro brigantino, o acelerador fermosísimo de partículas dos anos 50… Destacamos tamén a sala de robótica, en cuxo frontispicio lemos a famosa frase que coñecemos por Newton, somos case que ananos  levados nos ombros de xigantes. Que grandor o do mundo! Que grandes mulleres e homes deu o mundo! Quedounos clara unha idea na mente: HAI QUE VOLVER VISITAR O MUNCYT.

Construcción dun Selenoscopio en 2º ESO

Feito no primeiro trimestre deste curso 2011/12, aquí tes unha selección das fotografías tomadas.

Movendo os discos do artefacto, poderás averiguar a fase da Lúa nunha data do ano, nun gran rango de anos, máis ou menos desde o nacemento dos alumnos ata hoxe.

O enlace ao video tamén está en Capitán Nemo.

2º ESO: proba de carga da estructura construida. Curso 2010-11

O video da proba de carga que fixemos cos proxectos o curso pasado. Non o creereis, pero resisten o peso de duas persoas.


O video pode verse pinchando neste enlace.

 

Como os das lendas, este video foi perdido en extrañas circunstancias. Parecía imposible, pero ao final salíu de novo a flote coma unha cortiza na auga.

Video dos deseños de vehículos de alumnos de 2º ESO

Podes ver o video cos deseños feitos por moitos rapaces na páxina do blog "Capitán Nemo", pero por si prefires ir directamente ao grao, aca o tes


O blog Capitán Nemo

Como algúns saberedes, o profesor Mario S. García mantén un blog de Tecnoloxías, e tamén para TICs, no que amplía a información das clases, anexa documentos con exercicios e mesmo coas solucións, poñe as presentacións empregadas nas súas clases e mesmo avisa de cousas interesantes para a comunidade escolar.

Foto do blog Capitán Nemo

O blog chámase "Capitán Nemo" e está a vosa disposición para usalo e mesmo facer comentarios nel.

Aproveitadeo!!

Distribuir contido


by Dr. Radut