Skip to Content

    erasmus  stembach

av  plan d

proxectos

anpa1

Visita ao MUNCYT (Museo Nacional de Ciencia e Tecnoloxía)

O pasado martes, día 14 de xaneiro, visitamos (seis profesores e máis de cen alumnos de 2º da ESO) o MUNCYT, ese espléndido museo que mira ao mar coruñés. Valoramos a amplitude  de espazos, a riqueza dos contidos, a xentileza no trato, o ben organizado que teñen o tempo para que os rapaces queden prendados e ignoren o aborrecemento. En canto chegamos, distribuíronos por grupos con cadanseu monitor e inmediatamente lles propuxeron un entretido xogo de preguntas e respostas, caderno en man. Así a todos nos voou o tempo. Que destacariamos do que puidemos ver? A sala das maiúsculas, onde hai máquinas dunha beleza pseudo renacentista, dignas de Leonardo, a lanterna que foi do faro brigantino, o acelerador fermosísimo de partículas dos anos 50… Destacamos tamén a sala de robótica, en cuxo frontispicio lemos a famosa frase que coñecemos por Newton, somos case que ananos  levados nos ombros de xigantes. Que grandor o do mundo! Que grandes mulleres e homes deu o mundo! Quedounos clara unha idea na mente: HAI QUE VOLVER VISITAR O MUNCYT.



blog | by Dr. Radut