Entrega de Premios do XIII Concurso literario Rita Suárez Amado
O 26 de febreiro reuniuse no noso centro o xurado para decidir os gañadores do XIII CONCURSO LITERARIO RITA SUÁREZ AMADO. Luisa Fernanda García Rodríguez, Xosé Pérez Mondelo, José Luis Alonso Torreiro e Julio Mancebo Moreiras tiveron un labor moi complicado xa que as obras presentadas foron máis dun centenar.
O resultado das súas deliberacións foi o seguinte:
NIVEL I (1º E 2º ESO). RELATO CURTO.
NOME |
OBRA |
CENTRO |
Gañadora: Julia Caamaño Torrón |
El último recuerdo |
IES P. Eusebio da Guarda |
Accésit: Carla Dopazo Pavón |
Elisabeth y las comeletras |
IES P. Eusebio da Guarda |
Accésit: Elba Meléndrez Bergantiños |
O príncipe louro |
IES Otero Pedrayo |
NIVEL I (1º E 2º ESO). POESÍA.
NOME |
OBRA |
CENTRO |
Gañador LG: Mauro Gontá Gómez |
Amigos |
CPR Escravas Sgdo. Corazón |
Gañadora LC: Naiara Manteiga Cendón |
Me asusta escribirte |
IES P. Rafael Dieste |
NIVEL II (3º E 4º ESO). RELATO CURTO.
NOME |
OBRA |
CENTRO |
Gañadora: Lydia García Veiga |
Cicatrices |
CPR Grande Obra de Atocha. |
NIVEL III (1º E 2º BACHARELATO). RELATO CURTO.
NOME |
OBRA |
CENTRO |
Gañadora: Lucía Blanco Miguéns |
Pingas de Chuvia |
IES P. Eusebio da Guarda |
Accésit: Alba Uxía Arca Nieto |
Polos seus luceiros |
IES Salvador de Madariaga |
Accésit: Carmen Paz Montero |
El efecto mariposa |
IES P. Eusebio da Guarda |
NIVEL III (1º E 2º BACHARELATO). POESÍA.
NOME |
OBRA |
CENTRO |
Gañador: Pablo Pombar Guillán |
Y si hoy le dijera a mi alma |
IES P. Eusebio da Guarda |
NIVEL IV (ADULTOS). RELATO CURTO.
NOME |
OBRA |
Minia Prego Cabeza |
La silla |
NIVEL IV(ADULTOS). POESIA
NOME |
OBRA |
Fuco Paz Souto |
O illote dos soños |
A ENTREGA DE PREMIOS desenvolveuse o pasado venres 2 de marzo nun acto presidido polos pais de Rita Suárez Amado, Carmen e Juan, pola Terceira Tenente de Alcalde e Concelleira de Asuntos Sociais e Educación, Silvia Cameán, e polo representante de ABANCA Gonzalo Mora. Acompañounos, como é habitual, a familia de Rita e a súa irmá, Alba, dirixiu aos asistentes unhas emotivas palabras. A presidenta da Asociación contra o Cancro da Coruña, Elena Viturro, tamén honrounos coa súa presenza.
A Comunidade Educativa do Instituto Eusebio da Guarda quere transmitir a súa orgullosa felicitación aos premiados e anima a todos aqueles que teñan inquietudes literarias a participar o curso 2018-19 no seu certame literario.
Convocatoria do XIII Concurso literario Rita Suárez Amado