O 'prisma do tempo atmosférico'
Coa chegada do outono Xosé A. Fraga retoma a súa colaboración quincenal co xornal La Opinión, consistente nunha serie de episodios da cultura científica relacionados coa Coruña e a súa contorna. Xosé Antonio Fraga Vázquez, doutor en Bioloxía pola USC, foi Director do IES de Monelos e Director dos Museos Científicos da Coruña. Hónranos, ademais, colaborando cun capítulo (“As Ciencias nas aulas do Instituto”) na publicación con que celebraremos o noso 125 Aniversario.