"Probando a aplicación móbil"
6 de xuño de 2022
O Equipo de Dinamización da Lingua Galega organizou para o alumnado de Tecnoloxía de 1° de bacharelato unha actividade de saída pola cidade
"Probando a aplicación móbil"
para comprobar o funcionamento e disfrutar das actividades deseñadas polo alumnado, dentro do proxecto "A cidade da Coruña convértese no noso taboleiro de xogo".
O alumnado de Tecnoloxía disponible probou as mellores aplicacións deseñadas polos diferentes grupos, acompañados polo profesor da materia, Serxio Gómez Recouso, as profesoras do departamento de Lingua galega Dulce Fernández Graña e Estefanía González Álvarez, e a coordinadora do EDLG M. Carme Edreira García.
A actividade resultou moi positiva para os distintos grupos.
O EDLG agasallou aos grupos que elaboraron as aplicacións máis valoradas cunha novela do excelente novelista Domingo Villar, recentemente falecido.
A aplicación máis valorada foi:
"Club dos famosos mortos",
elaborada por Antía Sardiña García, Paula Díaz López e Sabela Lozano Rodríguez (1° D).
A segunda foi:
" Crime na Coruña", elaborada por Marta Trabazo Barros e Simón García Franco (1° E).
Parabéns ao alumnado premiado, en primeiro lugar, e ao resto do alumnado de Tecnoloxía, polos fantásticos traballos deseñados e realizados.
Gañadoras do 1° premio:Paula Díaz, Sabela Lozano e Antía Sardiña: