Skip to Content

“A nosa contorna somos NÓS!” Plan Proxecta 2º ESO 2018-19. Programa Paisaxe e Sustentabilidade.

“A nosa contorna somos NÓS!”

Plan Proxecta 2º ESO 2018-19

Programa Paisaxe e Sustentabilidade.

 

Con motivo do lema (Coidamos o noso medio) do noso centro, o IES Plurilingüe Eusebio da Guarda, que este ano se enfoca cara a concienciación e o coidado da nosa contorna, presentamos o proxecto titulado: A nosa contorna somos NÓS! que se encadraría dentro do programa Paisaxe e Sustentabilidade do Plan Proxecta 2018-19.

Trátase dun traballo realizado ao longo de todo o curso no que traballamos co alumnado de 2º da ESO, tratando de mentalizar e concienciar non só ao noso alumnado, senón a toda a comunidade educativa  sobre a importancia de manter unha contorna saudable e coidada como base para unha vida sa, de tal maneira que creemos consciencia na importancia de coidar o mundo que nos rodea a nivel natural e social, hoxe e no futuro.

Traballamos o coidado da paisaxe e a súa fauna como así mesmo valoramos as medidas que todos e todas podemos tomar, comezando por pequenos xestos cotiás, para mellorar a nosa contorna e facer do espazo no que vivimos un lugar máis sostible e mellor tanto para nós como para as xeracións vindeiras.

Neste proxecto multidisciplicinar estiveron implicados os seguintes docentes: Carmen Aquino (profesora de música), Nuria Bello (profesora de lingua inglesa e coordinadora do proxecto), Manuel Blanco (profesor de matemáticas) Serxio Gómez (profesor de tecnoloxía), Manuel Maneiro (profesor de lingua castelá) e María Viturro (profesora de lingua e literatura galega).

Para ver todas as actividades e os resultados finais convidámosvos a visitar a nosa páxina web do proxecto A nosa contorna somos NÓS! ou a nosa canle de Youtube

Finalmente queremos agradecer a colaboración de todos os participantes e especialmente dos profesores Antonio Fondo, Paula Barreiro, Paulo Carballada e Teresa Pastor polos seus aportes e suxerencias.

Agardamos que o noso traballo sexa do voso agrado.



blog | by Dr. Radut