FAMILIAS - ANPA O Castro
|
ESO
Ioga tibetano
Enviado por admin o Dom, 25/03/2018 - 12:40O pasado venres, 23 de marzo, todo o alumnado e profesorado interesado puido gozar dunha práctica de ioga tibetano. As sesión foron dirixidas pola especialista Beatriz Romero (Sonän Donyö), instrutora de ioga tibetano e meditación e monitora de ioga para nenos. Agradecemos a súa presencia no instituto e esperamos poder contar con máis ioga no futuro.
Actividades do Pi Day no IES Mugardos
Enviado por Covadonga o Xov, 22/03/2018 - 00:55O mes 3, día 14 celebramos no IES Mugardos o Pi Day con actividades que foron moi ben acollidas polo alumnado. No concurso de PiTuit houbo aportacións de moita calidade resultando gañadore Bruno Suárez de 2º ESO A, en 2º lugar Juan Pena, de 2º ESO A e en terceiro Lorena Álvarez también de 2º ESO A.
O I Campionato de Pi-Memoria contou cunha participación inesperada de 57 persoas entre alumnado e profesorado. Ós resultados foron sorprendentes acadando o primeiro posto a profesora Olga Recio que acadou unha puntuación de 185 puntos xunto co alumno de 4º ESO Brais García que escribeu sen fallos os 155 primeiros decimais de Pi; en segundo lugar con 75 decimais clasificouse Marta Rumbo, de 4º de ESO e en terceiro lugar Elisabth Bejarano de 2º de ESO A con 70 decimais. Como se pode apreciar, o nivel da competición foi moi alto.
Os premios foron entregados na Gala do número Pi que foi presentada polas alumnas de 2º de bacharelato Fátima Cancela, Sofía Díaz e Raquel Santamariña.
O IES MUGARDOS CELEBRA O PI-DAY O 14 DE MARZO
Enviado por Covadonga o Xov, 01/03/2018 - 18:45O día 14 de marzo está declarado internacionalmente como o Pi-Day ou día de Pi. Foi unha idea do físico estadounidense Larry Shaw baseada en que a data 3 de marzo escríbese no seu pais 3/14, que son as primeiras tres cifras do número Pi.
En España creouse o curso pasado un comité adicado a coordinar e desenvolver accións adicadas a esta conmemoración (www.piday.es).
O IES Mugardos únese a esta celebración cun programa de actividades organizado polos Departamentos de Matemáticas e Filosofía e os Equipos de Biblioteca e Dinamización Lingüística, que persiguen varios obxectivos orientados ao desenvolvemento das competencias educativas. O programa de actos é o seguinte:
Programa de actividades | ||
I Campionato de Pi-memoria Esta técnica de memorización pode resultar moi útil.
|
||
I Concurso de Pituit |
||
Gala do número Pi |
Consulta as bases.
Campionato de volei
Enviado por admin o Xov, 01/03/2018 - 18:26Esta semana comezou o torneo mixto de volei cun grande éxito de participación. En total inscribíornse 17 equipos: nove na categoría infantil e oito xuvenís. O calendario de encontros está no taboleiro de Educación Física.
Vén ao pavillón nos recreos e goza dos partidos.
Día de Rosalía (24 de febreiro). Concurso de poemas musicados.
Enviado por admin o Lun, 26/02/2018 - 19:37O 23 de Febreiro celebramos o Día de Rosalía convocando un concurso de poemas musicados aberto a todo o centro. Queremos salientar tanto a participación do alumnado como a calidade dos traballos, e por suposto, felicitar ás alumnas gañadoras.
3º Premio: BLANCA GAGO 1º Premio: ANA RUMBO 2º Premio: NOELIA CALVO
Exposición: Holocausto (Mathausen, regreso ao campo da morte)
Enviado por admin o Sáb, 17/02/2018 - 14:04Ata este venres estivo no corredor de entrada do intituto a exposición sobre o holocausto (Mathausen). Para seguir ampliando a información dos paneis, podedes visitar:
- El convoy de los 927: https://www.youtube.com/watch?v=0dqMix6nEos
- Mauthausen, el deber de recordar: https://www.youtube.com/watch?v=PkUuoCiU0LU&t=1s
- Saturnino Navazo, fútbol en el infierno, 27': https://www.youtube.com/watch?v=wMWkUim3TsM
Roda cubana de baile
Enviado por admin o Ven, 09/02/2018 - 23:21Este xoves todos os grupos de Educación Física bailaron unha roda cubana dirixida por Jesús Marcos Doval, do club de baile Móvete. Salientamos o magnífico ambiente acadado e a interacción moi positiva entre diferentes cursos e cos docentes que tamén participaron na actividade.
DÍa da Paz
Enviado por admin o Mar, 30/01/2018 - 22:19
Mural de carteis do Día Escolar pola non violencia e a paz
Fase final do campionato de fútbol
Enviado por admin o Mar, 23/01/2018 - 22:31
Esta semana entramos na recta final da Liga de fútbol que se vén desenvolvendo ao longo dos recreos. O departamento de Educación Física felicita aos participantes de todas as categorías e tamén aos espectadores pola súa actitude.
Exhibición de tenis
Enviado por admin o Dom, 24/12/2017 - 14:25Unha numerosa reseprentación de tenistas do Club de Tenis de Redes, encabezada por César Vilasánchez, ofreceu este xoves unha exhibición ao alumnado de 1.º ESO. Foi unha magnífica ocasión para coñecer un pouquiño mellor este deporte e as posibilidades de practicalo nas instalacións máis próximas.
Ademais, aproveitamos a ocasión para entregar ao alumnado a doazón de bólas usadas e gastadas no club de Redes e que serán reutilizadas nas aulas para reducir o ruído das patas de cadeiras e pupitres.
César Vilasánchez entregando o material gastado nas canchas de tenis para a súa reutilización nas aulas.
Moitas grazas.
Final e entrega de premios do XX Campionato de Polinomios
Enviado por admin o Dom, 03/12/2017 - 20:21Logo de máis dun mes de partidas diarias nos recreos, este venres chegamos á final do XX Camipionato de Polinomios. Na entrega de premios participou un ano máis a directiva da ANPA O Castro. Os finalistas foron o equipo ALPHA formando por Lidia Domínguez e Carolina Fernández e o equipo RAÍZ DE -X, que se proclamou gañador, integrado por Nicolás Nieto e Jhonatan Rodríguez. Parabéns a todos os participantes e ao departamento de Matemáticas pola impecable organización e desenvolvemento desta actividade.
Contras as violencias machistas
Enviado por admin o Sáb, 25/11/2017 - 13:28
Na véspera do Día Internacional para a eliminación da violencia contra as mulleres, o alumnado de 2º, 3º, 4º ESO e 1º bacharelato asistiu a unha charla coas integrantes do Patronato Concepción Arenal. O acto estivo integrado na campaña En negro, contra as violencias.
Tamén se proxectou o video coordinado polas profesoras Olga Cabalar e Begoña Allegue sobre os estereotipos machistas na publicidade. Observade con atención como se trataba á muller hai tan só unhas décadas e como o alumnado da ESO e Bac. lle deron a volta.
Magosto e xincana deportiva
Enviado por admin o Sáb, 11/11/2017 - 12:54Este venres celebramos o magosto coas castañas ofrecidas, como en anos anteriores, pola ANPA " O Castro". A continuación, o alumnado de 1.º e 2.º ESO participou na tradiconal xincana deportiva organizada polos compañeiros de 1.º bacharelato dentro da materia de Educación Física.
Campionato de fútbol sala
Enviado por admin o Mér, 08/11/2017 - 21:04Esta semana comezou o campionato de fútbol no pavillón. Nos recreos dos martes e xoves xogarase o torneo feminino e os luns, mércores e venres, o masculino. Bos partidos e grande afección.
Skate e patinaxe
Enviado por admin o Sáb, 28/10/2017 - 12:17Este venres tivo lugar no recreo unha demostración práctica de skate e patinaxe a cargo da asociación Gazapo. A actividade, patrocinada polo concello de Ares, tamén concluíu cun chamamento a todas as persoas interesadas en continuar desfrutando da sensación sobre rodas para formar un grupo os sábados pola mañá en Ares.
Reunión dos titores/as coas familias (Martes, 24 de outubro)
Enviado por admin o Mér, 18/10/2017 - 12:38Montaxe de cúpulas
Enviado por admin o Mér, 27/09/2017 - 22:17
Ao longo desta semana o departamento de Matemáticas está a organizar sesións de montaxe de cúpulas de Leonardo. Todos os cursos terán a oportunidade de levantar estas estruturas autoportantes formadas por pezas de madeira.
Horarios 2017-2018
Enviado por admin o Dom, 17/09/2017 - 15:32Calendario de setembro
Enviado por admin o Lun, 28/08/2017 - 13:51
2.º Bacharelato |
||||
|
EXAMES |
Venres, 1 de setembro |
Ver horario |
|
ENTREGA DE NOTAS |
Martes, 5 de setembro |
11:00 horas |
||
RECLAMACIÓNS |
Martes, 5 de setembro |
Ata as 14:00 horas |
||
ABAU (www.ciug.gal) |
||||
|
Prematrícula no centro |
Mércores, 6 de setembro |
- Solicitude |
|
Probas |
Martes, 12 de setembro |
ESO |
|||
|
EXAMES |
Venres, 1 de setembro Luns, 4 de setembro |
Ver horario |
ENTREGA DE NOTAS |
Mércores, 6 de setembro |
11:00 horas |
|
RECLAMACIÓNS |
Mércores, 6 de setembro Xoves, 7 de setembro |
Ata as 14:00 horas |
|
Matrícula (do 1 ao 10 de setembro) |
|||
|
ESO (2º, 3.º e 4.º) |
Mércores 6 |
|
Adultos |
Do 1 ao 10 de setembro |
|
|
FP Básica |
Ata o 10 de setembro |
|
Comezo do curso 2017-2018 |
|||
ESO |
Presentación |
Venres, 15 de setembro |
12:00 – 14:25 horas |
Adultos |
Presentación |
Luns, 25 de setembro |
16:30 horas |
Familias |
Recepción da dirección |
Martes, 26 de setembro |
18:15 horas |
Incorporación ao proxecto Educación Dixital (E-DIXGAL)
Enviado por admin o Ven, 21/07/2017 - 19:18
O IES de Mugardos foi admitido para participar no proxecto EDIXGAL,
a partir do curso 2017-2018, en 1.º e 2.º ESO
Ao alumnado destes cursos proporcionaráselles de xeito gratuíto un ordenador convertible de 12 polgadas para acceder na aula e na casa ao un denominado Entorno Virtual de Aprendizaxe (EVA). Nela atoparán os recursos dixitais fornecidos pola Consellería ou creados polo profesorado. Trátase principalmente de libros dixitais e actividades interactivas. Unha das consecuencias desta incorporación ao programa EDIXGAL é a exclusión do alumnado de 1.º e 2.º ESO da participación no FONDO SOLIDARIO de libros de texto. Non obstante, os libros de texto cos que conta o centro e as familias tamén se poderán empregar como complemento e apoio. Por outra banda, manténse o dereito á axuda para adquirir material escolar. O acceso á plataforma virtual de aprendizaxe é posible a través de calquera equipo con conexión a internet coas claves de acceso que lle serán entregadas ao alumnado no centro. Tamén existe a posibilidade de utilizar na casa o mesmo ordenador portátil que se emprega na aula mediante unha solitude de préstamo. As familias comprometeranse ao coidado e correcta utilización do equipamento coa finalidade educativa para o que é cedido. A utilización do ordenador portátil e das ferramentas e contidos dixitais instalados é gratuíta. O alumnado pode acceder ao material dixital tanto a través dunha conexión a internet (online) como dende o seu ordenador portátil (offline). Deste xeito, garántese que os alumnos e as alumnas que non dispoñan de conexión á rede desde as súas casas poidan seguir o curso sen dificultade. De feito, todo o avance que realicen sen conexión será actualizado de maneira automática na plataforma en canto o ordenador volva ter conexión de rede.
Información sobre o proxecto EDIXGAL no Espazo Abalar Entorno virtual de aprendizaxe (EVA) (usuario: edixgal; contrasinal: edixgal) Convocatoria do Proxecto Educación Dixital EDixgal para o curso 2017/2018 |
Fondo solidario de libros de texto (ESO) - Listaxe provisional
Enviado por admin o Sáb, 15/07/2017 - 12:29Listaxes definitivas do fondo solidario de libros de texto para o curso 2017/2018:
+ Información sobre libros de texto:
http://www.edu.xunta.gal/centros/iesdemugardos/?q=node/1566
- « primeira
- ‹ anterior
- 1
- 2
- 3
- 4
- 5
- 6
- 7
- 8
- 9
- …
- seguinte ›
- última »