COVID 19 

   › Plan de adaptación

   › Plan de continxencia

   › Documentos                          

       PLATAFORMAS E AULAS VIRTUAIS
EDIXGAL MOODLE ABALAR CLASSROOM

 

Libros de texto

Libros de texto e material. Curso 2020-2021

RELACIÓN DE LIBROS DE TEXTO E MATERIAL DIDÁCTICO PARA O CURSO 2020-2021
1.º ESO

 Programa E-DIXGAL. Libros dixitais

Non é necesario adquirir un caderno para cada materia.
O uso de cadernos e a recomendación de contar cun arquivador
ou clasificador de aros será comunicado a comezo do curso.

2.º ESO
3.º ESO

 

 

4.º ESO
 
1.º BAC
2.º BAC

Listaxe provisional Fondo Libros (3.º e 4.º ESO)

Publicadas as listaxes provisionais do FONDO SOLIDARIO de libros de texto:

Os interesados poderán consultar o estado do seu expediente (reparto de libros do fondo e vales) accedendo á aplicación ‘Fondolibros’ no menú ‘Cidadán’:
https://www.edu.xunta.es/fondolibros/

Reclamacións contra as listaxes provisionais: 2 días.

Incorporación ao proxecto Educación Dixital (E-DIXGAL)

O IES de Mugardos foi admitido para participar no proxecto EDIXGAL,
a partir do curso 2017-2018, en 1.º e 2.º ESO

 

Ao alumnado destes cursos proporcionaráselles de xeito gratuíto un ordenador convertible de 12 polgadas para acceder na aula e na casa ao un denominado Entorno Virtual de Aprendizaxe (EVA). Nela atoparán os recursos dixitais fornecidos pola Consellería ou creados polo profesorado. Trátase principalmente de libros dixitais e actividades interactivas.

Unha das consecuencias desta incorporación ao programa EDIXGAL é a exclusión do alumnado de 1.º e 2.º ESO da participación no FONDO SOLIDARIO de libros de texto. Non obstante, os libros de texto cos que conta o centro e as familias tamén se poderán empregar como complemento e apoio. Por outra banda, manténse o dereito á axuda para adquirir material escolar.

O acceso á plataforma virtual de aprendizaxe é posible a través de calquera equipo con conexión a internet coas claves de acceso que lle serán entregadas ao alumnado no centro. Tamén existe a posibilidade de utilizar na casa o mesmo ordenador portátil que se emprega na aula mediante unha solitude de préstamo. As familias comprometeranse ao coidado e correcta utilización do equipamento coa finalidade educativa para o que é cedido. A utilización do ordenador portátil e das ferramentas e contidos dixitais instalados é gratuíta.

O alumnado pode acceder ao material dixital tanto a través dunha conexión a internet (online) como dende o seu ordenador portátil (offline). Deste xeito, garántese que os alumnos e as alumnas que non dispoñan de conexión á rede desde as súas casas poidan seguir o curso sen dificultade. De feito, todo o avance que realicen sen conexión será actualizado de maneira automática na plataforma en canto o ordenador volva ter conexión de rede.

 

Información sobre o proxecto EDIXGAL no Espazo Abalar

Entorno virtual de aprendizaxe (EVA)  (usuario: edixgal; contrasinal: edixgal)

Convocatoria do Proxecto Educación Dixital EDixgal para o curso 2017/2018

Resolución provisional da convocatoria (20/07/2017)

 

 

 

Libros de texto, 2017-2018

RELACIÓN DE LIBROS DE TEXTO E MATERIAL DIDÁCTICO PARA O CURSO 2107-2018
1.º ESO  

 IMPORTANTE: Non comprar ningún libro de 1.º e 2.º. ESO

Estes grupos incorporaranse ao programa Educación Dixital (E-DIXGAL)
+Información

 

2.º ESO
3.º ESO

 

 

4.º ESO
 
1.º BAC
2.º BAC

LIBROS DE TEXTO 2016-2017

Listaxe conxunta de todos os libros de texto para o curso 2016-2017

Por niveis:

 

1.º ESO


2.º ESO


3.º ESO


4.º ESO

1.º Bacharelato

2.º Bacharelato

Axudas oficiais de libros de texto (curso 2016-2017)

PROGRAMAS OFICIAIS 

Destinatarios

 Alumnado que o vindeiro curso 2016-2017 se matricule nos seguintes cursos:

Fondo solidario de libros de texto_________1.º e 3º ESO

Axudas para adquirir libros de texto_______2.º  e 4.º ESO

Axudas para adquirir material escolar_____ ESO (todos os cursos)

 

Prazo de presentación

Do 17 de maio  ao 23 de xuño.

Os que repitan 4.º ESO e non o fixeran nesta ocasión tamén poderán facelo durante o mes seguinte á formalización da matricula.

 

Requisitos

As persoas beneficiarias de libros procedentes do fondo solidario do centro ou das axudas para adquirir libros de texto terán as seguintes obrigas:

 1. Devolver os libros de texto e o material reutilizable adquirido coas axudas para libros de texto ou recibido do fondo solidario no curso 2015/16.

Prazo de devolución dos libros do fondo solidario ou adquiridos coa axuda do curso para o actual curso 2015-2016:

 

O prazo máximo para devolvelos será o 23 de xuño de 2016, agás para o alumnado de ESO que teña algunha materia pendente, que poderá quedarse co libro correspondente ata que se examine e, como máximo, ata o 7 de setembro de 2016.

 

A falta de devolución será causa de exclusión da participación no fondo solidario e das axudas para adquirie libros de texto e material escolar no curso 2016-2017.

 2. Conservar en bo estado os libros de texto e o material reutilizable e devolvelos ao rematar o curso, en xuño ou setembro, segundo o caso.

3.  Destinar o importe do vale para libros a adquirir os libros de texto que indique o centro.

4. Destinar o importe do vale para material e adquirir o material escolar que necesite.

 

Documentación

Está indicada no impreso de solicitude: ANEXO I

Procedemento por sede electrónica: ED330B - Participación no fondo solidario de libros de texto e axudas para adquirir libros de texto e material escolar.

 

Importes

Educación Secundaria Obrigatoria:

  • Renda per cápita familiar ata 5.400,00 euros: 180 euros
  • Renda per cápita familiar desde 5.400,01 ata 9.000,00 euros: 104 euros

No caso das axudas para a compra de material escolar destinado a alumnado matriculado en educación primaria, ESO e educación especial, o umbral é a renda per cápita familiar igual ou inferior a 5.400 euros, e a contía da axuda será de 50 euros.

 

Normativa

Orde do 27 de abril de 2016 pola que se regula a participación no fondo solidario de libros de texto e se convocan axudas para adquirir libros de texto e material escolar destinadas ao alumnado matriculado en educación primaria, educación secundaria obrigatoria e educación especial en centros docentes sostidos con fondos públicos para o curso escolar 2016/17 (DOG nº 92 do 16 de maio de 2016).

 

Librarías

Librarías incluídas no programa axudaslibros

Memoria do BANCO DE LIBROS

Segundo a memoria final, estes son os resultados do Banco de Libros deste curso:

 

Libros prestados400

Alumnos/as que reciben libros88

Aforro estimado ás familias: 14.000 €

Ver Memoria 

 

O Banco de Libros é unha iniciativa altruístra xestionada por un grupo de nais para favorecer o intercambio e reutilización de manuais escolares. No nome de toda a comunidade educativa, queremos agradecerlles a Ana, Belén e Micaela a xenerosidade do seu labor.

Lembramos, asemade, que segundo a normativa aprobada este ano todos os libros de texto adquiridos coas axudas económicas da Consellería deberán ser devoltos ao centro ao remate do curso académico.

 

Banco de libros de texto

Libros de texto 2013-2014

Distribuir contido