Skip to Content

Dinamización lingüística

O galego, a chave do mundo.

correlingua 2013

 

O alumnado de 4º de ESO representou ao IES David Buján no Correlingua 2013. A nosa pancarta foi escollida polo xurado como a mellor desta edición. A Fundación Barrié ofrece este ano como premio 3 tablets e o convite á representación de teatro Vida e obra de Roberto Vidal Bolaño. Parabéns!

PREMIO VI EDICIÓN CONCURSO PANCARTAS CORRELINGUA 2013

13/05/2013 13:53
17/06/2013 20:53
Etc/GMT+1

                                  


 


A pancarta feita polos alumnos de 4º da ESO  do noso centro para o correlingua foi a gañadora da VI do Concurso de Pancartas. Noraboa polo éxito!!


O premio está patrocinado pola Fundación Barrié e será entregado nun acto que terá lugar o día 17 de xuño na Fundación. Nese mesmo acto farase entrega da pancarta gañadora, que será depositada na Real Academia Galega. O grupo de alumnos será tamén convidado á  representación teatral  " Vida e obra de Roberto Vidal BOlaño" .

CORRELINGUA 20013

13/05/2013 10:10
13/05/2013 14:00
Etc/GMT+1

                                                             


O día 13  de maio os alumnos do IES David Buján de 4º da ESO van participar nun nova edición do Correlingua, unha  carreira reivindicativa  pola lingua galega.


Esta 13ª edición  chega a Coruña o día 13 e reúne a centos de escolares  que nesta ocasión van facer o percorrido tradicional, dende a Torre de Hércules ata o xardíns de Méndez Núñez pola cidade vella.


Este ano o lema  da carreira é : " Galego, a chave do mundo".

INTERCAMBIO PORTUGAL: Visita ao Barreiro

29/04/2013 00:21
04/05/2013 20:21
Etc/GMT+1

 


 



 O día 29 de abril  saen para Barreiro (Setúbal) o grupo de 27 alumnos de 1º e 2º da ESO que participan no Intercambio coa escola portuguesa Luis Mendoça Furtado, acompañados por dúas profesoras do centro. Estarán alí ata o día 4, aloxados na casa dos alumn@s portugueses. Ademais  de asistir á escola onde onde se desenvolverán  algunhas  actividades,  farán saídas culturais a Lisboa, Sintra e  Belém.


             O seu coñecemento sobre a lingua irmá vai estupendamente. Que  o pasedes ben, rapaces!!


 


 

TEATRo. Shakespeare para ignorantes

23/04/2013 11:00
23/04/2013 14:00
Etc/GMT+1


     O 23 de abril, os alumnos de 3º da ESO e 1º de Bacharelato asitirán á representación teatral "Shakespeare para ignorantes" a cargo da compañía Mofa e Befa.


      MOFA&BEFA irrompen na académica conferencia sobre o famoso autor para poñer en primeiro plano as escenas máis ignoradas, por desidia ou falta de oportunidades, polo público actual. O riso máis cruel, as intimidades máis vergoñentas, os actos máis desonestos, as vilanias máis astutas, os mecanismos máis ocultos do mal serán mostrados pola máquina cómica de MOFA&BEFA. Asasinos, mendigos, bufóns, conspiradores, cornudos, chivatos, oportunistas, chulos, torturadores, todas as personaxes que nunca teñen o protagonismo, terán agora a oportunidade de mostrarse no primeiro plano recursos para resolver problemas da súa vida privada, laboral ou pública.En Shakespeare para ignorantes, utilízanse materiais procedentes de “MacBeth”, “Ricardo III”, “Pericles, príncipe de Tiro”, “Rei Lear”, “Hamlet”, “Xulio Cesar”, “Romeu e Xulieta”, “Otelo”, “Como gostades”, “Cimbelino” e “Medida por medida”.


 

INTERCAMBIO SIGRÁS- BARREIRO

02/04/2013 00:30
07/04/2013 19:53
Etc/GMT+1






                                                                            

 O 2 de abril chegarán ao noso centro un grupo de escolares portugueses procedentes de Barreiro, Setúbal, dentro das actividades  que se están a desenvolver no marco do Intercambio entre a escola Luis Mendoça de Furtado, de Barreiro, e o noso instituto.


Trátase dun  grupo de 27 escolares entre os 11 e os 14 anos. Integraranse nas aulas de 1º ESO e 2º ESO. Ademais de participar nalgunhas actividades docentes no instituto, tamén participarán en saídas culturais que se realizarán a Coruña e a Santiago.

Día de Rosalía de Castro

24/02/2013 08:00
24/02/2013 18:00
Etc/GMT+1






                            

 


 O 24 de febreiro de 1837  nace en Santiago de Compostela unha nena que ese mesmo día é bautizada no Hospital Real, hoxe Hospital dos Reis Católicos, cos nomes de María Rosalía Rita.


Na actualidade, ese mesmo día, conmemoramos o nacemento dunha das figuras máis importantes da nosa literatura  que coa súa obra inaugurou unha nova etapa literaria: o Rexurdimento.


Este ano cúmprense ademais os 150 anos da publicación desta obra emblemática, Cantares Gallegos.  Para festexar este feito e axudar a unha  difusión da obra, este ano imos dedicarlle o anuario do centro  a Cantares Gallegos. Para que poidas achegarte á obra e escoller o poema ou poemas que máis che gusten para que figuren no anuario do 2012-1013, aquí che deixamos un enlace ao libro dixitalizado


 

TALLER DE OLARÍA

04/02/2013 18:10
05/02/2013 18:10
Etc/GMT+1






                                              

 


Este luns o alumnado de 2º da ESO  acabaron a súa actividade de olaría. O taller foi impartido Por Ana Torreiro, unha oleira do concello, que xa é o segundo ano que nos vén visitar. Moitas grazas.


Este ano o alumnado decidiu facer un mural sobre o teatro, xa que no 2013 o Día das Letras Galegas está dedicado a Roberto Vidal Bolaño, figura moi representativa do teatro. 


Ana ensinoulles aos alumnos a traballar con barro, no torno e facendo figuras, traballar o volume, ... O entusiasmo apoderouse de case todos os alumnos. As dúas sesións que lles dedicaron sóubolles a pouco. O torno tivo moito éxito, aínda que viron que require certa maña.  Todos foron facendo as súa figuras que terán acomodo no mural. Agora é tempo de deixar secar ben o barro. Despois virá o tempo de cocelo e de pintalo.  Despois  colocarémolo nalgún lugar do centro para que todos poidan apreciar a bo facer deste grupo de alumnos/as.


MOITAS GRAZAS RAPACES POLO VOSO ENTUSIASMO

Encontro con Andrea Maceiras

17/12/2012 16:30
17/12/2012 18:00
Etc/GMT+1


  ANDREA MACEIRAS


O luns, 17 de decembro, a escritora Andrea Maceiras, autora de Violeta tamurana, terá un encontro cos seus lectores do centro: o alumnado de 1º da ESO.

Distribuir contido


by Dr. Radut