Skip to Content

TEATRo. Shakespeare para ignorantes

23/04/2013 11:00
23/04/2013 14:00
Etc/GMT+1


     O 23 de abril, os alumnos de 3º da ESO e 1º de Bacharelato asitirán á representación teatral "Shakespeare para ignorantes" a cargo da compañía Mofa e Befa.


      MOFA&BEFA irrompen na académica conferencia sobre o famoso autor para poñer en primeiro plano as escenas máis ignoradas, por desidia ou falta de oportunidades, polo público actual. O riso máis cruel, as intimidades máis vergoñentas, os actos máis desonestos, as vilanias máis astutas, os mecanismos máis ocultos do mal serán mostrados pola máquina cómica de MOFA&BEFA. Asasinos, mendigos, bufóns, conspiradores, cornudos, chivatos, oportunistas, chulos, torturadores, todas as personaxes que nunca teñen o protagonismo, terán agora a oportunidade de mostrarse no primeiro plano recursos para resolver problemas da súa vida privada, laboral ou pública.En Shakespeare para ignorantes, utilízanse materiais procedentes de “MacBeth”, “Ricardo III”, “Pericles, príncipe de Tiro”, “Rei Lear”, “Hamlet”, “Xulio Cesar”, “Romeu e Xulieta”, “Otelo”, “Como gostades”, “Cimbelino” e “Medida por medida”.


 



event | by Dr. Radut