Novas

CONVOCATORIA PREMIOS EXTRAORDINARIOS ESO

Acceso á convocatoria dos Premios Extraordinarios de ESO ao rendemento académico.

O prazo remata vinte días despois da  publicación no DOG do 27/07/2016, o 16/10/2016.

ADMISIÓN EN CICLOS FORMATIVOS

ABERTO O PRAZO PARA SOLICITAR ADMISIÓN NOS CICLOS FORMATIVOS

SOLICITUDE NA WEB: https://www.edu.xunta.es/ciclosadmision/

Ciclos formativos e módulos con prazas dispoñibles e sen listaxe de espera: http://www.edu.xunta.es/fp/prazas-disponibles-extraordinaria-2016

Admisión: 1ª adxudicación extraordinaria. Convocatoria 2016: http://www.edu.xunta.es/fp/admision-1adxudicacion-extraordinaria-convocatoria-2016

VER ARQUIVOS ADXUNTOS.

PARA MÁIS INFORMACIÓN PASAR POLO DEPARTAMENTO.

OFERTA CICLOS DE FORMACIÓN PROFESIONAL PARA O CURSO 2016 - 2017

Ver arquivo adxunto.

Para máis información pasar polo departamento.

ACTIVIDADE DE FIN DE CURSO

O pasado 21 de xuño puidemos disfrutar dunha xornada de fin de curso organizada por alumnado de 4º ESO na que se desenvolveron diferentes obradoiros e que se pechou cun fabuloso concerto.

Save

ANUNCIO DE LICITACIÓN. CONTRATACIÓN DO SERVIZO DE XESTIÓN E EXPLOTACIÓN DA CAFETERÍA DO IES DE BRIÓN PARA O CURSO ESCOLAR 2016/2017

1. Entidade adxudicadora:

a) Organismo. IES de Brión

b) Obtención de documentación e información. Oficina de Administración.

1) Enderezo: Paseo de Pedrouzos nº 3.

2) Localidade e código postal: Brión, 15865

3) Teléfono:  981881817

4) Fax: 981 885899

5) Correo electrónico. ies.brion@edu.xunta.es.

6) Data límite de obtención de documentación e información: 15 días naturais dende a publicación do presente anuncio.

2. Obxecto do contrato:

a) Tipo. Xestión de servizos.

b) Descripción. Servizo de xestión e explotación da cafetería do IES de Brión para o curso escolar 2016/17

3. Tramitación e procedemento:

a) Tramitación. Ordinaria.

b) Procedemento. Aberto.

c) Criterios de adxudicación. Oferta económicamente máis ventaxosa e calidade e prezo dos produtos ofertados coa posibilidade de presentación de variantes e melloras.

4. Canon mínimo de licitación:

a) Importe. Unha cantidade de trescentos corenta e seis euros con corenta céntimos (346,40 €) que o licitador pagará ao IES de Brión en concepto de canon pola prestación do servizo.

5. Garantías esixidas. Definitiva: trescentos euros (300,00 €).

6. Presentación de ofertas:

a) Data límite de presentación de ofertas. 15 días naturais dende a publicación do presente anuncio. No caso de que o último día fora sábado ou inhábil entenderase prorrogado ata o primeiro día hábil seguinte.

b) Lugar de presentación: Oficina de Administración do IES de Brión.

Brión, 23 de xuño de 2016. O Directordo IES de Brión, José Antonio Caneda Vidal

"AUTÓMATAS CON CAPACIDADE DE APRENDIZAXE" NA FINAL DO DESAFÍO STEM

O equipo Brión 5 chega co seu proxecto "Autómatas con capacidade de aprendizaxe" á final do Desafío STEM.

Este proxecto interdisciplinar desenvolvido por alumnado de Tecnoloxía Industrial I, TIC I e Debuxo Técnico I coa colaboración de alumnado de Informática de 4º ESO, resultou seleccionado xunto a outros 39 finalistas de entre os case 1500 proxectos participantes no "I Concurso Interescolar Nacional de Programación e Robótica".

Estre traballo sitúase na confluencia de dúas liñas de actuación: por unha banda forma parte dunha secuencia de proxectos interdisciplinares desenvolvidos anualmente polos departamentos de Tecnoloxía e Debuxo en 1º de Bacharelato, por outra participa do conxunto de actividades sobre programación e robótica realizadas ao abeiro do "Contrato-programa para a mellora do nivel de coñecementos para acadar a excelencia" asinado este curso escolar coa Consellería de Cultura, Educación e O. U.

                 

Consulta aquí a documentación completa deste proxecto.

Save

Save

Save

Save

Save

Save

Save

Save

ABERTO O PRAZO PARA SOLICITAR AXUDAS DE LIBROS DE TEXTO E MATERIAL ESCOLAR

FONDO SOLIDARIO DE LIBROS DE TEXTO:

Para alumnado de 1º e 3º de ESO que cumpra os requisitos da convocatoria.

AXUDAS PARA ADQUIRIR LIBROS DE TEXTO (Cheque de libros):

Para alumnado de 2º e 4º de ESO que cumpra os requisitos da convocatoria.

AXUDAS PARA ADQUIRIR MATERIAL ESCOLAR (Cheque de material):

Para todo o alumnado de secundaria que cumpra os requisitos da convocatoria.

Impreso de solicitude

O prazo para presentar solicitudes remata o día 23 de xuño de 2016 (este incluído)

Pódese consultar toda a Información (requisitos, documentación a entregar, etc) en:

http://www.edu.xunta.gal/portal/node/18988

...ou en:

Ligazón á orde do 27 de abril de 2016 pola que se regula a participación no fondo solidario
de libros de texto e se convocan axudas para adquirir libros de texto e material
escolar destinadas ao alumnado matriculado en educación primaria, educación
secundaria obrigatoria e educación especial en centros docentes sostidos con
fondos públicos para o curso escolar 2016/17

O IES DE BRIÓN PRESENTE EN PITEAS

Os departamentos de Tecnoloxía e Debuxo do IES de Brión foron invitados a participar na xornada de presentación de boas prácticas educativas incluída no Programa de Formación e Mentoring para o Desenvolvemento do Talento, PITEAS, promovido pola Fundación Barrié, a Consellería de Cultura, Educación e O. U. e a Unidade de Altas Capacidades da Universidade de Santiago de Compostela.

Os alumnos Lois Meira e Christian Capeáns foron os encargados de presentar o pasado sábado 21 de maio na sede da Fundación Barrié na cidade de Vigo, unha serie de proxectos tecnolóxicos interdisciplinares realizados estes dous últimos anos nas materias que imparten estes departamentos, e que este curso se organizan en torno ao Contrato-programa de mellora do nivel de coñecementos para acadar a excelencia asinado polo centro coa Consellería de Cultura, Educación e O. U.

Ver a presentación

ÉXITOS DEPORTIVOS

Luis Guilbert Pérez, alumno de 1º de ESO conseguiu o primeiro posto na categoría K-1 Infantil B no Campionato de España Infantil de Piragüismo sobre a distancia de 3.000 metros celebrado o pasado 8 de maio en Sevilla, en augas do río Guadalquivir. Na mesma proba a alumna Laura Ardións Otero quedou no posto número 24 .

Distribuir contido