"AUTÓMATAS CON CAPACIDADE DE APRENDIZAXE" NA FINAL DO DESAFÍO STEM

O equipo Brión 5 chega co seu proxecto "Autómatas con capacidade de aprendizaxe" á final do Desafío STEM.

Este proxecto interdisciplinar desenvolvido por alumnado de Tecnoloxía Industrial I, TIC I e Debuxo Técnico I coa colaboración de alumnado de Informática de 4º ESO, resultou seleccionado xunto a outros 39 finalistas de entre os case 1500 proxectos participantes no "I Concurso Interescolar Nacional de Programación e Robótica".

Estre traballo sitúase na confluencia de dúas liñas de actuación: por unha banda forma parte dunha secuencia de proxectos interdisciplinares desenvolvidos anualmente polos departamentos de Tecnoloxía e Debuxo en 1º de Bacharelato, por outra participa do conxunto de actividades sobre programación e robótica realizadas ao abeiro do "Contrato-programa para a mellora do nivel de coñecementos para acadar a excelencia" asinado este curso escolar coa Consellería de Cultura, Educación e O. U.

                 

Consulta aquí a documentación completa deste proxecto.

Save

Save

Save

Save

Save

Save

Save

Save