Novas

AGUEIRO

Neste curso 2014/15 o IES de Brión incorporouse plenamente á rede social educativa Agueiro, logo de participar o pasado curso nunha primeira fase de posta en marcha como centro piloto.

Agueiro é unha plataforma en liña que combina un sistema de portafolios cunha comunidade virtual. Permite que tanto docentes como alumnos teñan un papel activo na apredizaxe. Facilita a xestión de grupos de traballo e a aprendizaxe colaborativa.

O profesorado interesado recibiu formación no contexto dun PFPP (Plan de Formación Permanente de Profesorado) desenvolvido no centro estes dous últimos cursos.

Neste momento xa son varios os departamentos que xestionan parte do traballo co seu alumnado a través de Agueiro. Esperamos que o número de usuarios desta rede social aumente nos vindeiros cursos.

A INDIFERENCIA NON É UNHA OPCIÓN

O Departamento de Orientación e a Vicedirección do IES veñen de programar para o alumnado de 1º e 2º de ESO un obradoiro de igualdade de xénero impartido pola Cruz Vermella baixo o título "A indiferencia non é unha opción".

O calendario do obradoiro é como segue:

1º de ESO: días 16 e 17 de marzo (4 sesións cada grupo)

2º de ESO: días 25 e 26 de marzo (4 sesións cada grupo)

BRIÓN EN FOTOS: UNHA MEMORIA VISUAL DO S. XX

Dende o venres 27 de febreiro, o IES de Brión acolle a exposición “Brión en fotos: unha memoria visual do S. XX”, unha interesante mostra que escolma unha selección de imaxes do Brión que foi e que non queremos esquecer.

Tras un laborioso traballo de recompilación de fotografías antigas do municipio no que participaron veciños de todas as idades, a asociación "O Esquío no Piñeiro" logrou reunir un destacado arquivo visual de máis dun milleiro de imaxes, complementadas polas fotografías reunidas durante anos pola Casa da Cultura e a Biblioteca Pública Municipal de Brión. Todas son fotos antigas achegadas por brioneses e brionesas que reflicten a vida cotiá do concello dende comezos do S. XX ata mediados dos anos setenta do século pasado.

Rescatadas de caixóns e vellos albumes, unha selección destas imaxes foi reproducida no libro “Brión en fotos: unha memoria visual do S. XX”, unha publicación da asociación ”O Esquío no Piñeiro” realizada coa colaboración da Dirección Xeral de Mocidade e Voluntariado, que recentemente foi reeditada polo Concello de Brión.

Esta mostra, que dende o venres pode verse no IES de Brión, reúne vinte láminas de gran tamaño onde se reproducen algunhas das imaxes recollidas na publicación.

Rosalia de Castro no homenaxe do día de Google

Google dedícalle este martes unha homenaxe en forma de 'doodle' á gran autora das letras galegas,Rosalía de Castro, que naceu en Santiago de Compostela tal día como hoxe, un 24 de febreiro, pero de 1837.

ENTREGA DE CARNÉS TEI AO ALUMNADO DE 3º DE ESO

O día 30 de xaneiro, Día Mundial da Non Violencia e da Paz, fíxose entrega dos carnés de Titores ao alumnado de 3º de ESO que recibiu durante este mes a formación inicial para titorizar ao alumnado de 1º de ESO dentro do programa de Titoría entre Iguais (TEI). O acto contou coa presencia do Director Xeral de Xuventude e Voluntariado.

Previamente o alumnado participou no obradoiro "Relaciónate! De bo rollo!" a cargo de "Quérote +"

ENTREVISTA A LOURDES SUÁREZ E A XOSÉ CUNQUEIRO EN RADIO emBRIÓN

O alumnado de 1º ESO B de Relixión prepararou esta entrevista tan especial a Lourdes Suárez de 94 anos de idade e a Xosé Cunqueiro de 72, veciños de Brión.

Lourdes traballou na terra, coidando nenos e de empregada de fogar. Agora vai bailar tódos os domingos.

Xosé estivo oito anos na emigración; Francia, Suiza, Canadá e Pais Vasco. Agora traballa no campo e gústalle ir ver xogar ao seu neto a fútbol sala.

Accede á entrevista

UN PROXECTO DO IES DE BRIÓN RESULTA PREMIADO EN "SENSORES PARA TODOS"

O proxecto "Xogando coa luz" elaborado por un grupo de alumnos e alumnas de 4º de ESO, acadou unha Mención Especial no concurso "Sensores para todos" promovido por Igaciencia e patrocinado por educaBarrié e pola Domus.

Os alumnos e alumnas que participan no proxecto son: Christian Capeáns Pérez, Martín Manuel Chaves Fraga, Brais Cuns González, Carlos Manuel García-Novio González, María Gramunt Cernadas, Lois Meira López, María Otero Anguiano, Xulia Sánchez Rodríguez e Daniel Eduardo Vila Mateus.

  

O proxecto, enmárcado nas actividades organizadas ao redor do Día da Ciencia e a Tecnoloxía en Galego, estivo titorizado nas súas diferentes fases polo profesorado dos departamentos de Tecnoloxía e Debuxo.

O éxito do proxecto, desenvolvido integramente con software e hardware libre (S4A e Arduino), é unha agradable recompensa ao esforzo que supón a cada vez máis necesaria introdución da programación nas aulas.

ELECCIÓNS PARA A RENOVACIÓN PARCIAL DO CONSELLO ESCOLAR

Corresponde ao actual curso escolar a renovación parcial dos membros do Consello Escolar do centro

As votacións terán lugar o día 27 de novembro

A continuación indícanse os horarios das votacións e os membros do Consello Escolar a substituir:

SECTOR

HORARIO

Nº TOTAL DE MEMBROS MEMBROS A SUBSTITUIR
Profesorado ( Claustro extraordinario) 10:05 horas 7 4
Alumnado (no vestíbulo do Instituto) 12:05 a 13:15 h 4 2
Nais e pais ( no vestíbulo do Instituto) 17:00 a 19:00 h 3

1 representante da ANPA

1 representante de nais/pais

Persoal non docente  13:15 a 14:05 h 1 1

Para consultar máis información sobre o proceso electoral:

Distribuir contido