Evitar navegación.
Principal

BOLSAS E AXUDAS

STEMweek 2018

Xa se poden solicitar as axudas para a realización de actividades formativas STEM en lingua inglesa, STEMweek, no ano 2018, en réxime de concorrencia competitiva, destinada ao alumnado dos centros docentes sostidos con fondos públicos. O prazo de presentación de solicitudes remata o 12 de xullo de 2018. Toda a información AQUÍ

AXUDAS LIBROS DE TEXTO E MATERIAL ESCOLAR curso 2018-19

Lémbrase que o prazo para presentar as solicitudes de axudas para adquirir libros de texto e material escolar remata o vindeiro 22 de xuño de 2018 (este incluído)

Información completa AQUÍ 

AXUDAS LIBROS DE TEXTO E MATERIAL ESCOLAR curso 2018-19

Aberta a convocatoria de axudas para adquirir libros de texto e material escolar.

Información completa AQUÍ

Becas para estudos non universitarios

Con data do día 18 de abril publicáronse na páxina web do Ministerio as listaxes definitivas de bolseiros da convocatoria xeral do actual curso 2017/18. O prazo para a presentación de recurso de reposición por parte dos alumnos comeza o 19 de abril e finaliza o 18 de maio de 2018. Máis información na seguinte ligazón

AXUDAS FORMACIÓN LINGUAS EXTRANXEIRAS 2018- LISTAXES

Finalizada a comprobación das solicitudes recibidas, faise pública a relación das listaxes detalladas a continuación e ábrese un prazo de 10 días naturais para emendar erros, falta de documentación, así como para efectuar reclamacións ou renuncias.

- Solicitudes coa documentación correcta -Anexo I. Acceso.

- Solicitudes que precisan da emenda dalgún aspecto -Anexo II. Acceso

- Solicitudes excluídas, indicando as causas de exclusión -Anexo III.

             a. Solicitudes fóra de prazo. Acceso

             b. Solicitudes excluídas por non cumprir algún dos requisitos establecidos no artigo 3 da Orde de convocatoria. Acceso

Toda a información na Web do Programa (http://www.edu.xunta.es/axudasle)

FONDO SOLIDARIO DE LIBROS DE TEXTO. LISTAXE PROVISIONAL DE ADMITIDOS

Publicadasas listaxes PROVISIONAIS de admitidos no FONDO SOLIDARIO de libros de texto no curso 2017-18.

Pódese acceder directamente dende AQUÍ

AXUDAS FORMACIÓN LINGUAS ESTRANXEIRAS 2017. LISTAXES DEFINITIVAS!!!

Publícanse as listaxes definitivas de persoas seleccionadas e de suplentes, así como os destinos, as datas de realización das estadías e as achegas familiares correspondentes en cada caso.

Pódense consultar as listaxes e toda a información necesaria na páxina web http://www.edu.xunta.es/axudasle

AXUDAS LIBROS DE TEXTO E MATERIAL ESCOLAR

Aberta a convocatoria de axudas para adquirir libros de texto e material escolar.

Información completa AQUÍ

 

RESOLUCIÓN!! Bolsas e axudas para alumnos con necesidade específica de apoio educativo

Resolución definitiva da Secretaria General de Universidades, pola que se conceden as bolsas e axudas de carácter xeral e de necesidades especificas de apoio educativo para estudos non universitarios.

Toda a información no seguinte ENLACE

Distribuir contenido