Evitar navegación.
Principal

Erasmus + Finlandia

     

O centro de Formación e Recursos de A Coruña ofertou, para os centros que pertencen o consorcio Erasmus +, unha mobilidade presencial a Finlandia para observar o sistema educativo finlandés. Dita mobilidade realizouse entre o 16 e o 18 do mes de abril, e a profesora participante do noso instituto foi a xefa de estudos, Mª José Rebolo.

 

Visitaron tres centros educativos, dous de bacharelato e un de secundaria: Helsingin kielilukio, Etu-Töölön lukio e Taivallahden peruskoulu, co fin de acadar coñecementos sobre metodoloxías de ensino/aprendizaxe en diversas áreas curriculares, estratexias para o desenvolvemento dun modelo competencial, recursos e estratexias para fomentar o aprendizaxe, apoio alumnado NEAE, prevención do abandono, orientación educativa...