Evitar navegación.
Principal

AVALIACIÓN DE DIAGNÓSTICO

AVALIACIÓN DE DIAGNÓSTICO (Orde do 29 de decembro de 2023. DOG 12/01/2024)

* A avaliación de diagnóstico está recollida nos artigos 21 e 29 da LOMLOE. É de aplicación en todo o territorio nacional. Determínase que se realizará a partir deste curso académico (2023-24).

* Aplícase aos alumnos de 2º de ESO e 4º de Primaria.

* Coa aplicación desta proba preténdese identificar centros educativos que poidan estar afastados da media da súa Comunidade en canto ao nivel de adquisición de certas competencias, para introducir plans de mellora.

* As datas en Galicia son o 10 e o 11 de abril.

* Os exames veñen confeccionados por persoal da Consellería e non son coñecidos ata o mesmo momento da súa aplicación

* As competencias avaliadas son: Matemática, Lingua Galega, Lingua Castelá e Inglés.

* Os alumnos recibirán uns cadernos de papel para realizar a proba. As familias deberán cubrir un cuestionario de contexto en formato dixital (aínda que poderían recibilo en papel, se o solicitan)

* Os resultados serán trasladados ao Consello Escolar, e tamén ás familias a través dos titores.