Evitar navegación.
Principal

INFORMACIÓN SOBRE O “BANCO DE LIBROS” - 26/06/2023

Para facilitar a información sobre este tema, pegamos aquí 2 enlaces á seguinte información da páxina web do instituto: 

--> Información sobre E-Dixgal e as axudas de material escolar;

--> Listado de libros de texto en papel necesarios por curso (lean con atención a información de “Recomendacións” ao principio do documento).

Recordamos que os alumnos da ESO teñen dereito á axuda de material escolar, pero non á axuda para os libros de texto, por dispoñer dun ordenador persoal e libros dixitais do proxecto E-Dixgal.

 

Dos libros de texto necesarios, pódese solicitar ao centro, a través da ANPA, algún dos libros de edición anterior que aínda son válidos para este curso. Son única e exclusivamente os seguintes:

1º ESO: BIOLOXÍA

2º ESO: FÍSICA E QUÍMICA

3º ESO: FRANCÉS (libro de texto), BIOLOXÍA

4º ESO: FRANCÉS (libro de texto), BIOLOXÍA

 

Prazo: pódense solicitar a partir do 15 de xullo ata o 18 de agosto.

Só é necesario enviar un correo electrónico á dirección apaagalera@yahoo.es 

coa seguinte información:

* Nome do alumno/a

* Curso para o que vai

* Libros que solicita: por favor teñan en conta que os 2 libros que se poden prestar en 4º ESO son de materias optativas (igual que francés en 3º ESO).

 

Non temos libros reutilizables para Bacharelato. Este ciclo non ten programa E-Dixgal pero os alumnos poden solicitar a beca para Bacharelato.