Evitar navegación.
Principal

AVISO ALUMNADO 2º BACHARELATO

As tarxetas coas cualificacións das probas ABAU chegarán ao centro aproximadamente entre o 25-28 de xuño (anteriormente serán notificadas vía correo electrónico a cada interesado).

Publicaremos na web o aviso de recollida en canto as teñamos no instituto.

Se tedes de nota media 8,75 nos dous cursos de bacharelato, podedes optar aos premios extraordinarios de bacharelato.

Podedes facer a solicitude en liña na sede electrónica da Xunta de Galicia  ou presencialmente, en calquera dos lugares en rexistros establecidos na normativa reguladora do procedemento administrativo común.

O impreso podedes sácalo na sede electrónica ou pedilo en Administración do instituto.