Evitar navegación.
Principal

Carta al rey

Carta al rey

Unha estupenda aventura en plena Idade Media. En 2004 concedéronlle  o premio Griffel der Griffels ( premio de premios), ao mellor libro de literatura xuvenil dos últimos 50 anos.

É unha historia trepidante que nos obriga a ler sen parar. O xoven Tiuri, escudeiro do rei de Dagonaut, escoita uns sonidos extraños  a noite anterior ao seu nomeamento como cabaleiro. Rompendo as normas, fai caso á chamada dun ancián. Este pídelle que leve unha carta ao Cabaleiro Negro do Escrudo Branco, que se atopa cerca de alí. O cabaleiro agoniza tras caer nunha emboscada e antes de morrer pide a Tiuri que entregue no seu lugar a carta ao rei Unawen.

Aínda que a acción está ambientada nun mundo imaxinario, cheo de reinos e lugares fantásticos polos que o xoven Tiuri terá que pasar para chegar ao seu destiño final, os feitos son verosímiles e están situados na Idade Media.

  Enlace