Evitar navegación.
Principal

Muller e Ciencia

Ata o pasado venres 27 de febreiro, na planta baixa do centro, estiveron expostos os 20 paneis que amosan a importancia da muller na ciencia ao longo da historia.

O departamento de Matemáticas, artífice da mostra, aproveita esta exposición como material didáctico da materia ao mesmo tempo que colabora no acercamento do campo científico como saída profesional da muller, loitando, deste xeito, contra o sexismo das profesións.

Preme na imaxe para acceder aos paneis en formato pdf.