Evitar navegación.
Principal

O IESEBA no Parlamento o 6 de xuño

 

Pilar Rojo reinvindica o concurso escolar do Parlamento para fomentar o interese dos máis novos pola institución.

 

Santiago, 6 de xuño de 2012.- O Salón dos Reis do Parlamento de Galicia acolleu esta mañá o acto de entrega de premios aos gañadores e finalistas da segunda edición do Concurso Escolar: “O parlamento de Galicia: a túa casa. A casa de todos os galegos e as galegas”. A presidenta do Parlamento, Pilar Rojo, membros da Mesa  da Cámara e outros deputados foron os encargados de entregar os premios aos alumnos e alumnas dos centros participantes.
Na súa intervención, Pilar Rojo reivindicou o espírito que anima o concurso escolar do Parlamento de Galicia, que acada xa a súa segunda edición: “espertar o interese dos máis novos polo que aquí facemos e polo que significa o Parlamento como piar do noso sistema democrático”.
Alumnos/as do grupo finalista: Celia Acción de la Iglesia, Pablo Francos Sánchez e Facundo Teijeira Silva (doc. núm. 80848.3)( alumnos/as de 2º G de ESO do IES EDUARDO BLANCO AMOR de Culleredo. A Coruña)