Skip to Content

Avisos

PROCEDEMENTO DE DISTRIBUCIÓN DE MÁSCARAS CURSO 2021-2022

Prazo de presentación de solicitudes: 15-26 de novembro.

Lugar: secretaría do centro.

Máis información nos dous documentos adxuntos.

XII RENOVACIÓN CONSELLO ESCOLAR. APERTURA DO PRAZO DE PRESENTACIÓN DE CANDIDATURAS

Os censos electorais que regularán o dereito á participación do profesorado, alumnado, responsables legais e PAS nos procesos electivos para a XIIª Renovación do Consello Escolar do IES A Sangriña, logo de seren aprobados pola Xunta Electoral en reunión sostida o pasado 4 de novembro, atópanse dispoñibles para a súa consulta na Secretaría do centro.

Asemade, ábrese o termo para a presentación de candidaturas a para a representación dos distintos colectivos da comunidade escolar no CE do IES A Sangriña. O termo no que presentar as devanditas candidaturas será do 9 de novembro (a partires das 09:00 da mañá) ata o 16 de novembro (ás 13:00) na Secretaría do centro onde estarán dispoñibles os formularios a tal efecto.

Achégase coa presente o calendario da XIIª Renovación do C.E. do IES A Sangriña aprobado pola Xunta Electoral na devandita sesión do 4 de novembro onde se sitúan os días para a celebración das votacións para a elección das distintas persoas representates do Consello Escolar

A Dirección.

 

REANUDACIÓN DAS CLASES NO IES A SANGRIÑA O MÉRCORES 3 DE NOVEMBRO

Unha vez que a Unidade Técnica da Consellería de Educación de Pontevedra certificase a seguridade nas instalacións e dependencias do todo o centro, a través da presente infórmase a toda a comunidade escolar do IES A Sangriña que mañá día 3 de novembro se reanudarán as aulas de todos os grupos e niveis do centro agás para o alumnado de Ciclo Medio de Informática que, debido a que se precisan revisións máis exhaustivas dos equipos que utilizan, retomarán as clases previsiblemente o xoves 4. En referencia a este último punto, pregamos ao alumnado do Ciclo Medio de Informática permaneza atento á información feita chegar a través desta canle ao fin de verificar o día definitivo para o seu retorno ás aulas.

A Dirección 

 

DATA PROVISIONAL DE VOLTA ÁS AULAS

Seguindo instrucións da Unidade Técnica, durante esta ponte os deshumidificadores estarán funcionando para extraer toda a humidade posible e procurar a seguridade dos equipos eléctricos do instituto. O martes 2 de novembro probaranse os ditos sistemas eléctricos e a UAC comprobará as conexións do centro. Polo cal, o martes non será posible retomar as clases.

O centro ten previsto voltar ás aulas o mércores 3 de novembro, pero esta data deberá ser confirmada nos próximos días, pois dependemos do estado das instalacións. 

Pregamos a toda a comunidade educativa que estea pendente ás actualizacións desta páxina, a web oficial do IES A Sangriña, e contraste aquela información que proceda de calquera outro medio.

Agradecemos a vosa comprensión e colaboración.

A Dirección.

Distribuir contido


by Dr. Radut