Skip to Content

Avisos

ABERTO O PROCESO DA XIIº RENOVACIÓN DO CONSELLO ESCOLAR DO IES A SANGRIÑA

A Resolución do 20 de setembro de 2021, da Secretaría Xeral de Educación e Formación Profesional, pola que se establece o calendario para a celebración de eleccións de membros dos consellos escolares de centros docentes sostidos con fondos públicos establece o proceso para a XIIª Renovación do Consello Escolar do IES A Sangriña.

Achegamos coa presente información referida ao proceso, ademais do calendario xeral que organizará o procedemento de elección e constitución do noso Consello Escolar.

O Consello Escolar é o órgano colexiado de goberno de maior representatividade da comunidade escolar polo que a participación, tanto na súa constitución como no seu desenvolvemento, é imprescindible para o funcionamento do centro. Desde aquí facemos un chamado á participación no proceso por parte de toda a comunidade escolar do IES A Sangriña.

A Dirección.

 

11 E 12 DE OUTUBRO, NON LECTIVOS

O vindeiro luns, 11 de outubro, celébrase o Día do Ensino, e o martes, 12 de outubro, o Día da Hispanidade, polo cal son non lectivos, non hai actividade docente e o instituto permanecerá pechado.

Boa ponte a todas e todos!

RESOLUCIÓN EQUIPO COVID IES A SANGRIÑA

 O Equipo Covid do IES A Sangriña resolve na reunión sostida o día 28 de setembro:

1. As cadeiras das mesas da cafetería deberán estar a 1,2 metros de distancia interpersonal.

2. O profesorado poderá usar as mesas  só en horas lectivas respectando a distancia interpersoal de seguridade. No recreo as mesas non poderán ser usadas.

3. O alumnado que pode facer uso do servizo de comidas será o de Bacharelato e de Ciclos que non sexa residente en A Guarda. Este alumnado deberá respectar, asemade, a distancia interpersoal de seguridade sanitaria.

 

INFORMACIÓN ALUMNADO TRANSPORTADO

A partir do día 16 de setembro o alumnado de ESO e FPB beneficiario do transporte escolar pode pasar por conserxería para  recoller o seu pase bus. 

Distribuir contido


by Dr. Radut