Skip to Content

Avisos

Bo Nadal!

A Dirección do IES A Sangriña deséxavos a toda a comunidade educativa unhas Felices Festas e un próspero Aninovo 2022.

Voltamos o 10 de xaneiro!

Boas vacacións!

 

CONFINAMENTO BACHARELATO DIÚRNO

En vista das circunstancias, e tal e como foi notificado o venres por Abalar, o alumnado de Bacharelato diúrno non asistirá a clase luns 20 e martes 21, e pasará a ser atendido estes días, na medida do posible, por vía telemática.

INFORMACIÓN DIRECCIÓN IES A SANGRIÑA SOBRE A SITUACIÓN SANITARIA COVID

Hoxe día 17 de decembro, a dirección do IES A Sangriña, vén de suspender as clases de Primeiro e Segundo de Bacharelato logo de constatar, na tardiña de onte, que un número considerable de alumnado dos citados cursos estaba rexistrando positivos por covid en tests de antíxenos.

Para evitar unha potencial situación de contaxio xeralizado, o Equipo Directivo do centro comunicou a última hora da noitiña de onte, e a través de Abalar, a pais e nais do alumnado de Bacharelato do centro a suspensión das clases de hoxe para estes cursos.

A Dirección do IES A Sangriña a través da presente informa a toda a comunidade escolar do centro que dende primeira hora desta mañá do día 17, contactóuse co Servizo de Inspección e coa central de seguimento Educovid para facerlle chegar puntualmente os pormenores desta situación.

Aproveitamos para facer un chamado á solidaridade e á responsabilidade recordando a todos os membros da comunidade escolar do IES A Sangriña (profesorado, pais/nais, alumnado, persoal non docente) a necesidade de preservar a seguridade sanitaria colectiva colaborando en atallar calquera situación que poda propiciar ou poñer en risco a seguridade sanitaria.

Grazas pola vosa colaboración.

A Dirección.

MERENDAS SAUDABLES

O alumnado participante no concurso Merenda saudable debedes deixar a vosa merenda a primeira hora (antes de subir a clase) ao carón de conserxería, nunhas mesas habilitadas para tal fin e dúas profesoras recollerana.

Moitas grazas e moita sorte!

Distribuir contido


by Dr. Radut