Skip to Content

Avisos

Novas medidas organizativas vixentes desde o 13 de outubro incluído

  1. Anúlase o uso dos conos.
  2. Seguimos respectando as áreas de recreo.
  3. Abordaremos nas titorías as medidas de seguridade sanitaria (máscara e correcto uso, distancia social, desinfección...).
  4. O profesorado de garda notificará axiña á Dirección calquera incumprimento do protocolo.
  5. As bancadas do pavillón cederanse ao alumnado de ciclos luns e martes de 14 a 15 h para xantar, previa entrega asinada dunha declaración responsable.
  6. Tanto nas aulas coma na sala do profesorado débese hixienizar o posto antes e despois de ocupalo. Non se poden usar os colgadores.
  7. Ao final da xornada, nas aulas, límpanse mesas e cadeiras, e colócanse estas volteadas enriba das mesas.

 

Fondo de libros

FONDO SOLIDARIO DE LIBROS DE TEXTO

Xa chegaron os libros de texto que faltaban. Podedes recollelos en Xefatura/Vicedirección calquera día desta semana pola mañá. É imprescindible que presentedes o xustificante de entrega de libros para a súa recollida.

23 de setembro, festivo local.

O mércores 23 de setembro é festivo local na Guarda, polo cal o centro permanecerá pechado. 

INFORMACION DEFINITIVA IES A SANGRIÑA INICIO CURSO 2020-21

INFORMACIÓN DEFINITIVA da Dirección do IES A Sangriña inicio curso 2020-21 Unha vez obtidas as pertinentes confirmacións, o IES A Sangriña está en disposición de emitir a seguinte INFORMACIÓN DEFINITIVA das bases organizativas do curso 2020-21:

1- O horario de ESO e FPB desenvolverase completamente polas MAÑÁS no horario:

  • martes/xoves/venres: de 8:20 a 14:00 h.
  • luns e mércores: de 8:20 a 15:15 h.

2- O horario de 1º E 2º DE BACHARELATO será en quenda de TARDE co seguinte rango:

  • luns e mércores de 15:30 a 20:30 h.
  • martes e xoves de 15:00 a 21:00 h.
  • venres de 15:00 a 20:00 h.

3- O horario de CICLOS MEDIOS E SUPERIOR DE FP estará organizado de seguinte xeito:

  • Manás: de luns a venres: de 8:20 a 14:00 h.
  • Tardes: luns e martes de 15:30 a 18:00 h.

Nota: O horario de FP Dual queda pendente de axustes.

4- O centro contará para este curso 2020-21 cun reforzo de tres profesores/as tal e como se solicitara á CEUFP para poder levar a termo os desdobres necesarios para implementar as medidas de seguridade sanitarias.

Matrícula de setembro.

FORMALIZACIÓN DA MATRÍCULA EXTRAORDINARIA PARA E.S.O. E BACHARELATO:

  • ESO, 4 de setembro. 
  • Bacharelaro, 7 de setembro. 

Horario: 9:00 - 13:00 h. 

Distribuir contido


by Dr. Radut