Skip to Content

Avisos

DATAS MATRÍCULA CURSO 2023/2024

CALENDARIO POR CURSOS

1º ESO: 23 e 26 de xuño

2º CICLOS: 26 e 27 de xuño

1º BACH: 28 e 29 de xuño

2º ESO: 29 e 30 de xuño

2º BACH: 30 de xuño e 3 de xullo

3º ESO: 4 e 5 de xullo

4º ESO: 6 e 7 de xullo

 

HORARIO DE MATRÍCULA:

Mes de xuño: 09:00h. a 14:00h. e de 16:30h. a 18:30h

Mes de xullo: 08:30h. a 14:30h.

 

DOCUMENTACIÓN:

Detállase no documento adxunto, revisádea.

DEVOLUCIÓN DOS LIBROS DE TEXTO DO FONDO SOLIDARIO

O alumnado da ESO deberá devolver os libros de texto ao centro para a súa incorporación ao fondo solidario para o curso 2023-2024 nos días e no horario indicados. Se algún alumno ou alumna non rematou os exames dalgunha materia antes do día que ten que entregar os libros de texto, pode quedar co libro da materia da que se ten que examinar e entregalo ao rematar o exame.

FONDO SOLIDARIO DE LIBROS DE TEXTO E AXUDAS PARA ADQUIRIR LIBROS DE TEXTO E MATERIAL ESCOLAR

Convocadas as axudas para adquirir libros de texto e material escolar destinadas ao alumnado matriculado en educación primaria, educación secundaria obrigatoria e educación especial en centros docentes sostidos con fondos públicos para o curso escolar 2023/24.

As solicitudes recóllense en conserxería e, unha vez cubertas, debedes presentalas coa documentación necesaria na secretaría do centro.

As solicitudes tamén poderán presentarse na Sede Electrónica da Xunta de Galicia

PRAZO: do 20/5/2023 ao 21/6/2023.

Máis información nos adxuntos. Imporante ler a circular adxunta.

PREMIOS EXTRAORDINARIOS DA E.S.O.

Proximamente abrirá o prazo para participar na convocatoria dos premios extraordinarios de ESO para o curso 2022-2023 da Xunta de Galicia. 

Pode optar a eles o alumnado que teña unha nota media igual ou superior a 9 en toda a ESO.

O prazo de presentación de solicitudes será dun mes; comezará o día 31 de maio de 2023 e rematará o día 30 de xuño de 2023. 

Concederanse vinte premios cunha dotación de 1.000 euros.

Máis información aquí: http://www.edu.xunta.gal/portal/node/1542

 

 

Distribuir contido


by Dr. Radut