Skip to Content

Contratos Programa

Programa de Orientación, Apoio e Excelencia

O acuario segue recibindo visitantes

O acuario do Centro recibíu esta semana novos visitantes procedentes do intermareal do Portecelo.

Aproveitando a baixamar do mércores 15 de febreiro (15:51) fomos visitar o intermareal de Portecelo onde puidemos comprobar o elevado índice de biodiversidade e incluso unha especie invasora como o bisón. En concreto recollemos estrelas de mar, algún cangrexo, camaróns e algúns peixes de rocha.

Visítaos no acuario. 

Curso de XOGO TEATRAL

Un ano máis terá lugar no IES A Sangriña o curso de XOGO TEATRAL, impartido por Fran Rei. Esta actividade
forma parte do proxecto de Contratos Programa en que participa o noso
centro.

O curso desenvolverase o 10, 11 e 12 de febreiro e as persoas participantes recibirán un certificado de recoñecemento das horas de formación.

Podes inscribirte na conserxería do IES A Sangriña ata o 9 de febreiro.

Curso de Técicas de Estudo

Esta semana comeza o curso de Técnicas de Estudo para alumnos da ESO.

Dentro dos Contratos Programa e como se ven desenvolvendo nos últimos anos, o IES A Sangriña organiza o curso de Técnicas de Estudo para alumnos da ESO que queiran desenvolver as súas habilidades á hora de estudar e mellorar así os seus resultados académicos.

O curso terá unha duración de catro sesións de unha hora cada unha (de 16:00 a 17:00) os mércores (15, 29 de febreiro e 7, 14 de marzo) e venres (17, 24 de febreiro e 2, 9 de marzo). O curso desenvolverase en dúas partes, a primeira encamiñada a identificar os puntos fortes e febles  de cada alumno á hora de estudar e a segunda á planificación personalizada do estudo.

As fichas de inscrición podes recollelas na conserxería e deberás entregalas na Xefatura de Estudos canto antes.

Obradoiro de pais e nais eficaces

Un ano máis, o IES A Sangriña, no desenvolvemento do proxecto de Contratos Programa (liña de colaboración coas familias) e en colaboración co CIM, o Departamento de Educación Familiar e a OMIX do Concello, ofrece o obradoiro PAIS E NAIS EFICACES.

Nesta actividade, que levará a cabo o psicólogo Esteban Figueirido, poden participar pais e nais dos diferentes centros educativos da Guarda. É necesario inscribirse no CIM ou no IES A SANGRIÑA, pois o número de prazas é limitado. A organización asume todos os custos do obradoiro, que é gratuito para os pais e nais participantes.

Distribuir contido


by Dr. Radut