Skip to Content

PRESENTACIÓN DE PROXECTOS E GRADUACIÓN CICLOS DE ADMINISTRACIÓN E XESTIÓN

O pasado 17 de marzo foi un gran día para os ciclos formativos de Administración e Xestión. Celebramos a graduación do seu alumnado e foron presentados os proxectos finais elaborados por alumnas e alumnos do Ciclo Superior. Días coma este son os que poñen en valor o grande traballo realizado nestes últimos meses.
Na vida o importante é deixar pegada e nós estamos seguros de que os nosos alumnos e alumnas xa a deixaron, indeleble, neste centro para sempre.
Agradecemos a presencia no acto da Sra. Alcaldesa do Concello do Rosal, do Sr. Vicealcalde do Concello de Tui, de representantes da ANPA do IES A Sangriña e do alcalde da nosa vila e profe desta que é a súa casa, Antonio Lomba, quen pechou o acto.
Por outra banda, temos que agradecer o esforzo feito por todas as empresas da comarca que colaboran con nós, en especial facendo mención a ORPAGU, RÍO TOLLO e PALANGREROS, empresas que apadriñaron o alumnado neste día tan emotivo.
Moitas grazas tamén aos verdadeiros e verdadeiras protagonistas deste certame, os alumnos e alumnas, que coa calidade dos seus traballos e o recoñecemento do seu esforzo coa entrega dos diplomas, fixeron deste día un evento especial.
Expresas grazas ao Departamento de Administración e Xestión que se volcou na organización deste acto demostrando unha cercanía e un saber facer excepcional. Grazas a Juan Carlos López polas súas enormes competencias como MC e grazas a Juan Vázquez, Xefe do Departamento, por ser o ideólogo deste día tan significativo. 
                                                             


story | by Dr. Radut