Skip to Content

Ciclos Formativos

NOVA OFERTA FP BÁSICA DE SERVIZOS ADMINISTRATIVOS NO IES A SANGRIÑA PARA O CURSO 23-24.

A especialidade de Administración e Xestión vai ofertar para o curso académico 2023-2024 os xa coñecidos Ciclo Medio e Ciclo Superior, pero ademáis, o vindeiro curso teremos a FP Básica de Servizos Administrativos, á que podes acceder se cumpres 15 anos durante o próximo curso académico.
Se queres máis información, ponte en contacto co IES A Sangriña ou co departamento de Administración e Xestión.

BOLSAS XERAIS DE ESTUDOS DO MINISTERIO PARA NIVEIS POSTOBRIGATORIOS

Comunicámosvos os prazos da nova Convocatoria de bolsas xerais de estudos para niveis postobrigatorios.

O prazo para solicitar as bolsas para o curso 2023/2024 será desde o vindeiro 27 de marzo ata o 17 de maio.

É importante que o alumnado pida a bolsa neste prazo aínda que non saiba o que vai estudar nin onde nin si vai seguir estudando xa que, doutro xeito, non a poderán pedir para o curso 23/24.

O alumnado de ESO que teña intención ou sexa candidato a cursar FP Básica no curso 23/24 tamén deben solicitar a bolsa dentro deste prazo se queren optar a ela.

A páxina onde informarse e tramitar é esa: https://www.becaseducacion.gob.es

Solicítase a través da sede lectrónica, aquí.

 

eMprende

O noso centro é un dos seis de toda Galicia que participa no programa piloto eMprende, a través de Ayuda en acción e cofinanciado polo Ministerio de Inclusión, Seguridad Social y Migraciones e polo fondos NextGenerationEU da Unión Europea. Este programa axuda ao noso alumnado de Ciclos a identificar a súa vocación e a mellorar o seu rango competencial posibilitando, así, o trazo dun plan vital que se adecúe ás súas necesidades e ás súas eleccións, adquirir as estratexias que lles permitan cambiar o seu presente para garantir o seu futuro. Actualmente, o alumnado está cerrando o Espazo Maiker do itinerario e farano o vindeiro mércores 15 de marzo coa celebración da I Feira de Emprendemento. Durante o evento, o alumnado participante presentará os prototipos creados para a súa validación e poderá participar nos distintos obradoiros e mesas redondas organizadas para a xornada.

 

Alumnado de Ciclos visita UNVI e OREMBEr

O alumnado dos ciclos de Automoción e de Administrativo realizou unha saída a Ourense o pasado 14 de decembro, para visitar a empresa UNVI (punteira a nivel internacional na fabricación de autobuses) e tamén a factoría de OREMBEr do grupo madereiro FINSA. A mediodia o alumnado e profesorado comeu na cidade de Ourense, e xa pola tarde tiveron a oportunidade de deleitarse no Complexo termal de Prexigueiro en Ribadavia. Desde os departamentos de automoción e administrativo queren agradecer a axuda na organización da viaxe, e sobre todo por sufragar o total do coste económico da viaxe ás responsables do proxecto eMprende neste centro, a través de Ayuda en acción, Ana e María.



Distribuir contido


by Dr. Radut