Renuncia de matrícula

  • O alumnado poderá solicitar a renuncia á matrícula antes do 30 de abril
  • A renuncia é efectiva desde o momento en que se tramita a solicitude, polo que o alumado que renuncie non poderá asistir a clase desde ese momento.
  • A primeira renuncia nun curso/nivel non computará para efectos de permanencia. A permanencia no curso e nivel correspondente está limitada ao doble de anos académicos dos que conste o nivel.
  • A renuncia non implica a devolución das taxas aboadas nin exime do pago íntegro da matrícula non caso de que se seleccionase fraccionamento de pago.
  • O alumnado que renuncie á matrícula perde a condición de alumnado de continuación e, por tanto, se despois desexa continuar os seus estudos, deberá someterse de novo ao proceso de preinscrición, admisión e matrícula.
  • Para solicitar a renuncia á matrícula deberá cubrir e asinar este formulario editable e presentalo antes do 30 de abril na secretaría do centro (eoi.lugo.secretaria@edu.xunta.gal) poñendo no asunto: Renuncia á matricula de ...(engadir nome)