- O alumnado poderá solicitar a renuncia á matrícula antes do 30 de abril.
- A renuncia é efectiva desde o momento en que se tramita a solicitude, polo que o alumado que renuncie non poderá asistir a clase desde ese momento.
- A primeira renuncia nun curso/nivel non computará para efectos de permanencia. A permanencia no curso e nivel correspondente está limitada ao doble de anos académicos dos que conste o nivel.
- A renuncia non implica a devolución das taxas aboadas nin exime do pago íntegro da matrícula non caso de que se seleccionase fraccionamento de pago.
- O alumnado que renuncie á matrícula perde a condición de alumnado de continuación e, por tanto, se despois desexa continuar os seus estudos, deberá someterse de novo ao proceso de preinscrición, admisión e matrícula.
Como solicitar a renuncia á matrícula