Renuncia de matrícula

De acordo coa Orde de avaliación do 19/04/2012 (DOG do 30/12), o alumnado poderá solicitar a renuncia de matrícula. 

A renuncia é efectiva desde o momento en que se tramita a solicitude; o alumando que renuncie non poderá asistir a clase desde ese momento.

A primeira renuncia nun curso/nivel non computará para efectos de permanencia. A permanencia no curso e nivel correspondente está limitada ao doble de anos académicos dos que conste o nivel.

A renuncia non implica a devolución das taxas aboadas

O alumnado que renuncie á matrícula perde a condición de alumnado de continuación e, por tanto, se despois desexa continuar os seus estudos, deberá someterse de novo ao proceso de admisión

Para solicitar a renuncia á matrícula deberá cubrir e asinar este formulario e presentalo antes do 30 de abril na secretaría do centro (secretaria@eoilugo.gal). 

Proxectos

2020-21

Poetizamos

as aulas

2019-20

Os medios de

comunicación

2018-19

FalArte

2017-18

Alimentación e

saúde

2016-17

Viaxar