Trámites e xestións: renuncias

De acordo co estipulado no punto 7 da normativa de matrícula, o alumnado poderá solicitar ao centro a renuncia voluntaria á matrícula. Esta renuncia constará no expediente académico e nas actas de avaliación do alumnado mediante a oportuna dilixencia.

Que implica a renuncia voluntaria:

  • a renuncia é efectiva desde o momento en que se tramita a solicitude; o alumnado que renuncie non poderá asistir a clase desde a data en que se confirme a aceptación da renuncia;
  • a primeira renuncia nun curso/nivel non computará para efectos de permanencia no curso e nivel correspondente, que está limitada ao doble de anos académicos dos que conste o nivel;
  • ao ser voluntaria, a renuncia non conleva a devolución das taxas aboadas;
  • o alumnado que renuncie á matrícula perde a condición de alumnado de continuación e, por tanto, a prelación de matrícula si despois desexa continuar os seus estudos deberá someterse de novo ao proceso de admisión.

Para solicitar a renuncia á matrícula deberá cubrir e asinar este formulario de solicitude e presentalo antes do 30 de abril (antes do 15 de decembro para os cursos intensivos do 1º cuadrimestre) na secretaría do centro (secretaria@eoisantiago.org).