O Centro Dramático Galego (CDG) celebra o Día das Letras Galegas no Salón Teatro de Santiago coa posta en escena da novela de Carlos Casares 'Os mortos daquel verán', nunha aproximación escénica que coproduce coa compañía Talía Teatro. Se queres asistir a unha sesión recolle o teu bono de 3 € para as funcións dos días 16, 17 ou 18 de maio de 2017 ás 20.30 na conserxaría.
A versión deste coñecido texto do autor homenaxeado este 17 de maio estréase este martes, ás 20,30 horas. Artur Trillo dirixe esta proposta, ademais de formar parte do elenco xunto a Toño Casais, María Ordóñez, Dani Trillo, Diego Rey, Rubén Prieto, Marta Ríos e Xurxo Barcala. Os oito danlle vida á rica galería de personaxes ideados por Carlos Casares nesta novela curta sobre o descubrimento do cadáver de Modesto Vilariño Dacal, o boticario dunha pequena aldea galega no inicio da Guerra Civil.
Máis información en http://centrodramatico.xunta.gal/cdg/novas/nova.php?id=1431&lg=gal
Organiza o EDLG e o departamento de galego