Crea unha felicitación de Nadal e participa no concurso! Contribúe a que todo o mundo teña unha para enviar! Hoxe en día a xente manda cada vez máis felicitacións a través do Facebook e do WhatsApp; mais aínda non hai moitas en galego.
Agora poderás crear a túa felicitación para participar no concurso e, ademais, para enviárllela a quen desexes e para que todo o mundo poida facer o mesmo con ela.
Atención: prazo ampliado até o día 16 de decembro!!
Cando?
Data límite de publicación das felicitacións no grupo de Facebook Tándem en galego: 11 decembro
Data límite para votar “GÚSTAME” no Tándem en galego: 14 decembro de 2015
Onde?
No Grupo público de Facebook Tándem en galego da EOI de Santiago de Compostela.
Actividade organizada polo Departamento de Galego e o EDLG.
Consulta aquí as BASES DO CONCURSO.