Letras Galegas 2024. Luísa Villalta

"Andei por Santiago

pisando estrelas

na noite

que as rúas devolveron

con luces e clamores

secretos

na noite."

Celebramos as Letras Galegas! Celebramos Luísa Villalta!

Poeta, violinista, narradora, dramaturga, ensaísta, activista da lingua. Todas as Luísa Villalta nunha!

Autora prolífica, innovadora, erudita, que nos deixou de súpeto no mellor da súa mocidade, hai 20 anos.

Ven celebrala connosco!

  • Exposición sobre a súa vida e obra nos corredores do 1º andar.
  • Libros da e sobre a autora nos andeis da Biblioteca.