Videoconferencia: A Alemania do século XX a través do cine alemán

Cinema alemánA  musicóloga e doutora en cinema, Celia Martínez García reside en Berlín e é membro do programa educativo da ,,Deutsche  Kinemathek". Desenvolve  actividades culturais, formativas e pedagóxicas, así como visitas guiadas no Museo para o Cinema e a TV de Berlín.

Nesta videoconferencia falaranos da Alemaña do século  XX a través do cinema alemán, presentando e analizando diferentes películas. A videoconferencia darase en castelán e todo o alumnado e profesorado do centro é benvido.

Para participar, reserva a túa praza no Salón de actos ou pide a ligazón para conectarte dende a casa no enderezo de correo electrónico iwuenschmann@eoisantiago.org.