Cursos de linguaxe administrativa galega e CELGA 2023-2024

A Resolución do 13 de xuño de 2023 (DOG do 22 de xuño) convoca, con carácter gratuíto, cursos nas EOI de Galicia en-liña de linguaxe administrativa galega para funcionarios (LAG) e presenciais preparatorios para a obtención do certificado de lingua galega (CELGA). Os cursos realizaranse nos períodos e nas escolas oficiais de idiomas de Galicia que se indican na convocatoria.

Prazo para a presentación de solicitudes: 13-24 de novembro para os cursos do segundo cuadrimestre. 

Prégase ler o texto completo da convocatoria e consultar os requisitos e a documentación requirida.

 

SEGUNDO CUADRIMESTRE (febreiro-maio)

Curso
Modalidade/Horario
Días
Aula
Comezo das clases 

Linguaxe admva. SUPERIOR

En liña

 

 

 anunciarase

CELGA 4

11:00-13:30 h

Martes e xoves

5

anunciarase

CELGA 4

16:00-18:30 h

Mércores e venres

anunciarase

 

PRIMEIRO CUADRIMESTRE (setembro/outubro-decembro)

Curso
Modalidade/Horario
Días
Aula
Comezo das clases 

Linguaxe admva. MEDIO

En liña

 

 

2 outubro

CELGA 2

17:30-20:00

Luns e mércores

5

11 setembro

CELGA 4

11:00-13:30 h

Martes e xoves

5

12 setembro

CELGA 4

16:00-18:30 h

Mércores e venres

6 13 setembro

  

Prazo e lugar de presentación de solicitudes:

As solicitudes fanse mediante aplicación web www.eoidigital.com/preinslinguagalega.

O prazo para a presentación das solicitudes abranguerá desde o 13 ata o 24 de novembro, para os cursos do segundo cuadrimestre (febreiro-maio).

O día 28 de novembro o alumnado poderá consultar na aplicación web se foi admitido. Unha vez rematado o proceso de asignación de prazas, o alumnado seleccionado deberá entrar de novo na aplicación para presentar a documentación que se especifica nos puntos sétimo e décimo primeiro da resolución. Acta do sorteo do 27 de novembro.

O prazo para a presentación desta documentación será ata o 1 de decembro para os cursos do segundo cuadrimestre.

INFORMACIÓN IMPORTANTE! A falsidade ou a ocultación de datos esenciais para a selección das persoas aspirantes dará lugar á exclusión automática do curso solicitado. A realización do curso preparatorio CELGA non dará dereito a ningún tipo de certificación, por tratarse dun curso preparatorio para as probas conducentes á obtención dos certificados de lingua galega, convocadas pola Secretaría Xeral de Política Lingüística.